Programa "ACTIVAD@S"

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, agradece a elevada participación nunha das actividades enmarcadas dentro do programa "Envellecemento Cero" , financiado pola Deputación da Coruña.

Rede Xiana 2

RedeXiana2 é unha iniciativa para o fomento do emprego promovida pola Deputación da Coruña en colaboración cos 91 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes. É un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo e unha aposta firme pola creación de emprego nos concellos da provincia, de xeito que se incrementen as posibilidades de inserción no ámbito local mais próximo.
 

Acordos do Pleno Municipal de marzo

No Pleno ordinario do mes de marzo, celebrado o pasado venres 15 ás 20:00 horas, aprobáronse os seguintes puntos:
 
1. Modificouse o nomeamento do concelleiro D. José Antonio Rodríguez Fernández, que substituirá a Dª. Cristina Freire Aneiros como representante do Concello no Grupo de Acción Costeira.
 
2. Cambiouse o representante do Concello na Mesa de Comercio Local, sendo nomeado D. Gonzalo Doce Vergara, actual concelleiro de Industria e Comercio.
 

Obradoiros de Conciliación Semana Santa 2013

Obradoiros de conciliación

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais, retomará durante os días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril os Obradoiros de Conciliación, xa levados a cabo durante as vacacións de Nadal e de Entroido.

"Programa Achega"

Programa ACHEGA

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais, está a preparar un Convenio de Colaboración co comercio local para levar a cabo unha nova acción dentro do programa "ACHEGA". Para dar continuidade á campaña "1KILO+", en colaboración co alumnado/profesorado do CPI ATIOS, e ao Festival Solidario en colaboración coas Asociacións, búscase implicar ao comercio local e á veciñanza para contribuir á doazón de alimentos e produtos de hixiene, que se destinarán ás familias con maiores necesidades do Concello.

"Marzo de Mulleres"

Para conmemorar o día 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, o Concello de Valdoviño, dende o Dpto. de Cultura presenta a súa programación mensual:
Sábado 9 de marzo: celebración do Día da Mulleres ás 18:00 h. no auditorio da Casa da Cultura. Actuacións do Grupo de Teatro Rosalía de Vilaboa e de "Los Nostálgicos".     
Domingo 17 de marzo: Teatro da Zarabanda ás 19:00 h. no auditorio da Casa da Cultura. "Entre nós, mulleres". Para todos os públicos.                                     

"Programa Activad@s"

Onte deu comezo o "Programa Activad@ s", enmarcado dentro das actuacións para o envellecemento activo da Deputación da Coruña e organizado polo Departamento de Servizos Sociais municipais. A primeira sesión (impartida pola técnica da Fundación Educación, Deporte e Saúde), cunha agradecida participación, tratou o primeiro dos temas propostos: "O papel do exercizo físico na prevención e tratamento das enfermidades cardíacas". As persoas participantes puideron desfrutar dunha xornada totalmente activa chegando arealizar pequenas prácticas de actividade física ao finalizar a sesión.

Resolución de nomeamento do operario municipal

Concluídas as probas de selección por concurso-oposición dunha praza de operario municipal en réxime de interinidade, Grupo E, Escala: Administración Especial, Nivel:7, vacante no Concello, elévanse a definitivos os resultados finais das probas selectivas e realízase a resolución de nomeamento correspondente.
 
Pódese consultar o decreto coa resolución e toda información sobre a contratación nesta ligazón: Contratación de persoal (operario municipal).

Exitosa participación na I Xornada de Termalismo

A I Xornada de Termalismo organizada dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello e subvencionada pola Deputacion da Coruña dentro do programa "Envellecemento Cero" tivo un 100% de participación na xornada de onte.
 
50 persoas maiores de 55 anos decidiron sumarse á iniciativa local e desprazarse ás 9 da mañá cara o SPA ATTICA 21 de Vilalba. Durante a xornada puideron disfrutar tanto coas actividades físicas acuáticas guiadas por monitorado como polo relax e baño totalmente libre.
 

Crónica da 1ª Proba do Circuito Galego de Bodyboard (Praia da Frouxeira)

Este domingo 24 de febreiro tivo lugar o II Campionato de Bodyboard da Frouxeira, primeira proba puntuable para o circuito galego 2013, disputado nunhas condicións climatolóxicas moi duras, pero cun gran éxito de participación e organización.
 

Páxinas

Subscribirse a noticias