Aberta a Oficina de Turismo

Valdoviño inaugura a tempada de verán, coa apertura da Oficina de Turismo. O horario de atención ao público é de 10:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas, agás os martes, que está pechado.
 
Os interesados en contactar co persoal xestor deste servizo tamén poden facelo chamando ao número de teléfono 981 487 673 ou enviando as súas consultas ao enderezo de correo turismo@concellodevaldovino.com.
 

Campionato do Mundo de kayaksurf en Pantín

Cartel do Xtreme Pantín

O Campionato do Mundo de kayaksurf dispútase na praia de Pantín entre os día 29 de xuño e 5 de xullo.
 
Pantín acolle dende 2012 unha proba de kayaksurf, na que se demostrou as condicións perfectas do areal para a práctica deste deporte. Preto de 200 inscritos pelexarán polo título mundial que se pon en xogo neste Xtreme Pantín.
 
A presentación do evento terá lugar o domingo 28 ás 16:00 horas na propia praia de Pantín, comezando a competición na mañá do luns 29.

Solicitude de permiso para as luminarias

O Concello de Valdoviño ten aberto o prazo de solicitude de permiso para facer as luminarias de San Xoán e San Pedro. Os interesados en conseguir o permiso deben rexistrarse na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Constitución da nova corporación

Alberto González (PSOE) foi elexido este sábado 13 de xuño alcalde de Valdoviño, na sesión constitutiva da nova Corporación.
 

Exposicións, teatro e canción coral

Programa xuño 2015
Programa xuño 2015

O mes de xuño comezou coa inauguración da exposición de pinturas da Asociación de amas de casa, elaboradas no taller impartido por Leopoldo Rapela. A mostra pode contemplarse na sala de exposicións da Casa da Cultura ata o día 17. O fin de semana seguinte o mesmo recinto acollerá os traballos da Asociación da Frouxeira.
 

Concilia Verán (Actividades para a infancia)

Concilia busca crear un espazo de calidade no que nenos e nenas (de 3 a 12 anos) se divirtan e aprendan en grupo interiorizando valores como a igualdade ou a solidariedade, ao tempo que se oferta un recurso para a conciliación laboral e familiar.
ACTIVIDADES: a natureza será protagonista do noso verán!
Requisitos:
- Estar empadroado/a no Concello de Valdoviño (presentar volante de empadroamento)
- Estar estudando nos centros educativos do Concello de Valdoviño (presentar cert.escolaridade)

Subvencións municipais material escolar curso 2015/2016

Mañá ábrese o prazo para presentar solicitudes de subvencións municipais para material escolar do curso 2015/2016 (ver máis información en convocatorias).

Formación medioambiental a distancia PARNETtic2 (Deputación da Coruña)

O proxecto PARNET-tic2 levará a cabo accións formativas online e presenciais co obxectivo de formar, asesorar e orientar á cidadanía en temas medioambientais mediante aplicación das novas tecnoloxías, enfocadas á xeración de emprego.
Persoas destinatarias: particulares, empresas e persoal da Administración.
Accións cofinanciadas polo Programa Operativo SUDOE (Fondos FEDER) e a Deputación da Coruña.
Duración: 3 semanas (60 horas). Gratuitos.
Accións:
- Posta en marcha de negocios verdes no medio rural
- Marketing verde para emprendedores/as rurais

Concesión de Subvención para a contratación temporal de persoas perceptoras de RISGA

O Concello de Valdoviño ten concedida, tras resolución de 31 de Marzo, subvención para a contratacion de 2 persoas en situación de risco ou exclusión social perceptoras de RISGA (Orde do 31 de decembro de 2014 - DOG. Nº 6, de 12 de Xaneiro de 2015). A subvención está cofinanciada polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo "Adaptabilidade e Emprego".
As contratacións foron realizadas no mes de Maio en base ao contemplado no artigo 10 das correspondentes bases.

Programa de Mediación Escolar (CPI ATIOS+Servizos Sociais Municipais)

O CPI Atios, en colaboración coa educadora social do departamento de Servizos Sociais, está a levar a cabo un programa de Mediación Escolar. Este programa iniciouse o curso anterior, facendo inicialmente unha captación no centro a través de presentacións en aula que explicaban os obxectivos do programa. Coas persoas que conformaron dito equipo (de 6º de primaria e 1º de secundaria)  realizouse unha formación para o alumnado.

Páxinas

Subscribirse a noticias