Curso TAICHI Verán 2013

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, vai levar a cabo entre os meses de xullo e agosto o curso de TAICHI por segundo ano consecutivo.
 
O curso está subvencionado pola Deputación da Coruña dentro do Programa "Envellecemento Cero II" para este ano 2013 e vai dirixido a persoas maiores de 55 anos.
 
Levarase a cabo a partir do día 23 de xullo (durante un mes), os martes e xoves de 10 a 11:30 horas no Ximnasio do CPI ATIOS.
 

O feirón trae aeromodelismo, paella e música de rondalla

Cartel do feirón de xullo

Este sábado 13 de xullo celébrase unha nova edición do feirón mensual de Valdoviño, nesta ocasión dedicado ao aeromodelismo. Cun horario que se amplía ata última hora da tarde, a xornada pecharase coa actuación da rondalla Sonidos del Alba.
 

Sae a licitación a explotación da cafetería da Frouxeira

A explotación da cafetería municipal situada na praia da Frouxeira saiu a licitación, logo da publicación do anuncio correspondente no BOP deste luns.
 
Toda a información desta contratación está dispoñible no perfil de contratante da web: Explotación da cafetería sita na praia da Frouxeira.

Posta en marcha da Oficina de Turismo

Coa chegada do mes de xullo abre as súas portas a Oficina de Turismo do Concello de Valdoviño. Situada na céntrica Porta do Sol, o horario de atención ao público é de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.

Inauguración da exposición de José Polo Taibo

O vindeiro luns 1 de xullo terá lugar a inauguración da exposición de pinturas de José Polo Taibo. Ás 20:30 horas na Sala de Exposicións da Casa da Cultura.
 
Esta mostra permanecerá aberta ao público ata o 15 de xullo, nos seguintes horarios:

  • Mañá, de 10:00 a 13:00 horas, de luns a venres.
  • Tarde, de 19:00 a 21:00 horas, os martes e xoves.

Programa Turismo Social Maiores 13-14 IMSERSO

Ábrese o prazo para presentar solicitudes no Programa de Turismo Social de Maiores do IMSERSO 2013-2014.
O prazo remata o día 12 de xullo de 2013.
As persoas que xa foran beneficiarias na temporada pasada non deberán presentar nova solicitude.
Para presentar solicitude ou maior información: Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello ou nos teléfonos 981487041-ext.5 ou 901109899

Actividades na piscina municipal

O Concello organiza diversas actividades na piscina municipal de Lago para os meses de xullo e agosto.
 
Cursos de natación para menores de idade. 3 días por semana (luns, mércores e venres), segundo nivel de natación:

  • Iniciación: de 12:30 a 13:15
  • Intermedio: de 11:30 a 12:15
  • Perfeccionamento: de 10:30 a 11:15

Actividades para todas as idades:

Campus Náutico Concello de Valdoviño

Campus Náutico

O Concello organiza no encoro das Forcadas o Campus Náutico 2013. Os interesados en participar, a partir de 9 anos, poden inscribirse na Casa da Cultura dende o 1 de xullo.
 
As quendas son en horario de 11:00 a 14:00 horas, do 1 ao 12 de xullo, do 15 ao 26 de xullo, do 29 de xullo ao 9 de agosto e do 12 ao 23 de agosto.
 
Máis información na sección de convocatorias (Campus Náutico) ou nos teléfonos 981 487 673 ou 646 327 606.

Actualización de ordenanzas municipais

O Concello de Valdoviño iniciou hai varios meses os procesos para actualizar de forma global as distintas ordenanzas, impostos e taxas fiscais que rexen en Valdoviño.
 
Entre as ordenanzas modificadas máis avanzadas atópanse a Ordenanza municipal de actividades, a Ordenanza de Obras menores e a Ordenanza sobre venda ambulante, entre outras.
 
O actual grupo de goberno está estudando os mecanismos máis adecuados para posibilitar o fraccionamento do pago das distintas ordenanzas e así poder beneficiar os veciños nuns momentos tan complicados como os actuais.

Contratación de 28 persoas para a limpeza de praias

O Concello de Valdoviño decidiu contratar a 28 persoas para a limpeza de praias. Contratando a media xornada e non a xornada completa a metade de persoas, pódese axudar a máis famílias nestes momentos tan complicados.
 
Os contratos serán durante tres meses e empezarán a traballar o vindeiro un de xullo.
 
O actual grupo de gobierno local sensibilizase cos desempleados do municipio e cos medios o seu alcance trata de reducir o máximo a cifra de desempregados no municipio.
 
O plazo para apuntarse finaliza o vindeiro martes.

Páxinas

Subscribirse a noticias