Convocatoria da praza de Xuíz de Paz no Concello de Valdoviño

Convócase a elección de Xuíz de Paz titular no Concello de Valdoviño, segundo o anuncio adxunto.
 
O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (23/01/2014).

Obra de teatro o domingo 25

Este domingo 25 de xaneiro representarase no Auditorio Municipal a obra de teatro O xardín dos pobres, do grupo A Pombiña, en lugar da prevista Ela, a miña amante e a miña señora, de Quemaisten Teatro.
 
A obra é apta para todos os públicos e comezará ás 19:00 horas.

Programa "Xuventude Promete"

O Concello de Valdoviño participa no programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado "Xuventude Promete", que oferta 3 días no albergue xuvenil Lugo 2 a mozos de 14 a 18 anos. O importe deste programa é de 25 euros, co carné xove, e o prazo de inscrición ata o 9 de febreiro. Máis información na Casa da Cultura de Valdoviño.

Mapa estratéxico de ruído da estrada AC-566

A Axencia Galega de Infraestruturas somete a trámite de información pública o mapa estratéxico de ruído da estrada AC-566 ao seu paso polo concello de Valdoviño.
 
As observacións deberán enviarse á Axencia Galega de Infraestruturas ou a través do correo electrónico (mapas-ruido.infraestruturas@xunta.es), indicando claramente a actuación á que van dirixidas e os datos personais (nome e apelidos, NIF/CIF, enderezo de notificación, número de teléfono e enderezo de correo electrónico) da/s persoa/s interesada/s.

Existosa campaña de recollida de xoguetes

Exitosa V Xuntanza Solidaria de Nadal. Un elevado numero de veciños e veciñas achegáronse o día 13 de Decembro á Casa da Cultura para a entrega solidaria de xoguetes. Unha gran cantidade de xoguetes novos e/ou en bo estado foron facilitados para todas aqueles nenos/as con maiores necesidades este Nadal.
Un total de 20 familias (e 42 menores) serán as beneficiarias desta campaña.
Agradecementos a toda a veciñanza e as asociacións colaboradoras.

Programa Achega - Campaña de recollida de alimentos de Nadal

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, está a impulsar a campaña de recollida de alimentos, incluida dentro do Programa Achega, durante a época de Nadal.
Para isto, tanto dende os establecemento colaboradores (Aliprox, Cooperativa de Lago, Cooperativa de Meirás, O Zapateiro, Canducha, Josby, O Castro) como dende o CPI ATIOS/CRA e Concello, estase a realizar a recollida a través da aportación da veciñanza,de alumnado e dos seus familiares.

Voluntarios para a Cabalgata de Reis

A Asociación A Frouxeira, organizadora da Cabalgata de Reis do día 5 de xaneiro en Valdoviño, precisa de persoas que queiran participar voluntariamente como figurantes na propia cabalgata.
 
Quen estiverá interesado/a en participar deberá poñerse en contacto coa organización, ben por correo electrónico (cabalgatareis@gmail.com) ou ben chamando ao teléfono 669 173 905.

Premios do I Certame de fotografía anterior a 1970

Os autores das fotografías premiadas coa súa publicación no calendario municipal de 2015 e un vale de compra de 100 euros son: Irene Aneiros González, Kristel Testa Ameneiros, Mercedes González Vergara, Inés González Vergara, José Francisco Aneiros Rico, Dolores Vergara Sanjurjo, Vicente Bouza Montero e Sofía Mesía Fraga.
 
Os autores das fotografías premiadas cun vale de compra de 60 euros son: José Gómez García, Vicente Bouza Montero, María Dolores Serantes Martínez e Eva María Robles Freire.
 

Sorteo de premios do Concurso de fotografía

O sorteo de cinco vales de 60 euros para invertir en comercio local a realizar entre as fotos enviadas ao I Certame de fotografía anterior a 1970 e que non foron elexidas para formar parte do calendario municipal 2015 será o martes 16 de decembro ás 10:00 horas na Casa da Cultura.
 
Os participantes no certame e calquera outra persoa interesada pode asistir ao acto, que será público, e ante a secretaria municipal.
 

Comida maiores 2014

A comida celebrarase o día 20 de Decembro ás 13:30 horas no Restaurante Brisas.
Persoas destinatarias: maiores de 65 anos empadroadas no Concello de Valdoviño
Custo: 5 euros
Inscricións: ata o 17 de Decembro ás 12 da mañá no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios.

Páxinas

Subscribirse a noticias