A directiva de Costa Noroeste reúnese en Valdoviño

O Concello de Valdoviño acolleu este xoves a xunta directiva da Asociación Costa Noroeste. Entre os asuntos tratados cómpre salientar a aprobación do orzamento do organismo e o avance do proxecto 2014-2020.

Regulación do nivel da Lagoa da Frouxeira

A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha os traballos de regulación do nivel hídrico da Lagoa da Frouxeira.
 
Esta medida, de competencia autonómica, realízase despois do crecemento producido na lagoa durante os últimos días e atendendo ao indicado no Plan de conservación do humidal protexido Lagoa e areal de Valdoviño.

Música, pintura, teatro e Nadal

A programación cultural deste mes ponse en marcha coa presentación do videoclip "La lluvia que te adorna", de Marcos Mella. O autor ferrolán actuará no Auditorio Municipal, nun acto que comezará coa entrega de diplomas aos participantes no Curso de horticultura doméstica. Será a partir das 19:30.
 

App "Escapp": nova aplicación para vítimas de violencia de xénero

A Escapp é unha nova aplicación específica para vítimas de violencia de xénero, permite ás mulleres vítimas do maltrato obter información de apoio e acceder a recursos, coma CIM, comisarias, ou hospitais, entre outros,de interese e próximos á súa localización. Todo iso dunha forma áxil, sinxela, intuitiva, gratuíta e sobre todo confidencial xa que a aplicación está deseñada para que permaneza oculta no menú do teléfono de tal maneira que tan só a usuaria implicada saiba que dispón dunha aplicación sobre violencia de xénero.

VI Xuntanza Solidaria de Nadal

Cartel da campaña

Os Departamentos de Cultura e Servizos Sociais, xunto coa colaboración das Asociacións veciñais do Concello, organizan un ano máis a campaña de recollida de xoguetes para o posterior reparto entre as familias veciñas con maiores necesidades na época de Nadal.
A xuntanza terá lugar o día 13 de Decembro na Casa da Cultura a partir das 16:30 horas. Ás 17:00 horas agardarase a visita do apalpador que se encargará de repartir chocolate entre o público infantil asistente.

1 de Decembro: Día Mundial da loita contra a SIDA

Este día está destinado á concienciación pública sobre a infección por VIH. Conta con apoio da Organización das Nacións Unidas para a SIDA e de todos os axentes implicados na resposta a epidemia.

Actividades da AAVV Santiago Apóstol de Lago

Horario das actividades

Durante o curso 2015-2016 organiza as seguintes actividades: ximnasia terapéutica, pilates, aerobic, tai-chi, ioga, zumba, baile moderno, iniciación e perfeccionamento de gaita, bolillos, manualidades, canto e pandeireta.
 
Na imaxe adxunta móstrase a distribución de horarios.
 
Os interesados nestes cursos poden contactar coa asociación chamando ao número 650 258 332 (Conchi).

II Andada Popular para a eliminación da violencia contra a muller

Na mañá deste domingo 29 tivo lugar a II Andada popular urbana para a eliminación da violencia contra a muller. Case unha centena de persoas participaron no evento, denunciando a falta de igualdade, respecto e xustiza da nosa sociedade.
 

Programa Re-emprende 2015

A mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol vai desenvolver o programa Re-Emprende, o cal pretende dar resposta ás necesidades das persoas emprendedoras en canto a formación e asesoramento, así coma ás necesidades das empresas no que se refire á modernización do seu modelo de negocio e á innovación co fin de garantir a súa supervivencia.
Mais información: Paula Tenreiro Allegue, Coordinadora
Mov.679406593
INICIACION Á CREACION DE EMPRESAS

Rexistro de Instruccións Previas

O dereito a rexistrar as Instrucións Previas modificouse recentemente para mellorar a súa accesibilidade e a súa posta en marcha real. Dende o Servizo Galego de Saúde veñen de elaborar un audiovisual para difundir o coñecemento sobre este dereito de todos os cidadáns, e que queren compartir con todos/as vós. 
Trátase dun curto de animación que está dispoñible dende a páxina web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns e que se pode ver en galego ou castelán, a través dos seguintes enlaces:

Páxinas

Subscribirse a noticias