Valdoaventura: 1ª Feira de turismo activo e aventura

Valdoaventura música

A lo largo del fin de semana del 24 y 25 de Agosto el Ayuntamiento de Valdoviño celebra la primera edición de la Feria de Turismo Activo y de Aventura Valdoaventura, que se sitúa en la explanada de la Puerta del Sol de dicho Ayuntamiento.
 

Adxudicado o servizo de cafetería da praia da Frouxeira

A Xunta de Goberno Local acordou a adxudicación do servizo de cafetería na praia da Frouxeira por un importe de 6.050 euros e prazo de execución de dous anos.
 
Toda a información sobre o trámite e o acordo de adxudicación está dispoñible no perfil de contratante da web: Explotación da cafetería sita na praia da Frouxeira.

Contrato de asesoramento no mercado de electricidade do Concello

O Concello de Valdoviño vén de asinar este 5 de agosto o contrato administrativo de prestación do servicio de asesoría en mercado de electricidade e facturación do Concello de Valdoviño.
 
Por medio desta asesoría o Concello agarda conquerir un aforro anual dun mínimo de 20.000 euros.
 
Os traballos que levará a cabo a empresa contratada serán os seguintes:
 
1- Comprobación e xestión da facturación mensual e detección de erros.
2- Adecuación das potencias contratadas ás consumidas, comprobando os excesos e os defectos actuais.

I Feira de turismo activo e de aventura

Valdoaventura

O concello de Valdoviño celebrará os vindeiros sábado 24 e domingo 25 de agosto a I Feira de Turismo Activo e de Aventura de Valdoviño, coa intención de dar a coñecer as cualidades e o enorme potencial turístico e de ocio do concello e as zonas limítrofes.
 

Feirón de agosto: carrilanas e tiro con arco

Cartel do feirón de agosto

O feirón correspondente ao mes de agosto estará dedicado ás carrilanas e ao tiro con arco.
 
Ademáis dos cincuenta postos habituais de roupa, comida, bisutería, Madeira, etc., o 10 de agosto o feirón terá a especialidade das carrilanas xa que coincide coa Baixada Internacional de Carrilanas a San Mamede.
 

Recadación de alimentos solidarios no feirón

O Concello de Valdoviño quere agradecer aos veciños e visitantes a enorme solidariedade mostrada no feirón mensual do pasado 13 de xullo, no que se recadaron alimentos para Cáritas Valdoviño.
 
A recadación total foi de 430,96 euros en metálico e 587 unidades de alimentos non perecedeiros, cun valor de mercado de 775,38 euros, polo que a cantidade total recadada ascendeu a 1.206,34 €.
 

Obradoiros de conciliación verán 2013

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios e coa financiación da Deputación da Coruña, da continuidade ao proxecto iniciado en 2012 para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral en período vacacional daquelas familias con menores entre 3 e 12 anos.
 
Levaranse a cabo na Casa da Cultura do 1 ao 30 de agosto de 9 a 14 horas.
 
Prazo de inscrición: do 22 ao 26 de xullo no departamento de Servizos Sociais do Concello (planta baixa). Prazas limitadas por orde de inscrición.
 
Máis información: 981487041-ext.5

Exposición de pinturas de Víctor G. Novás

Pinturas de Víctor G. Novás

Ás 20:30 horas deste mércores inaugúrase a exposición de pinturas de Víctor G. Novás, na Sala de exposicións da Casa da Cultura.
 
A exposición poderá visitarse do 17 ao 31 de xullo no seguinte horario: mañás (luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, e sábados, de 12:00 a 14:00 horas) e tardes (luns a venres, de 20:00 a 21:30 horas).

Curso TAICHI Verán 2013

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, vai levar a cabo entre os meses de xullo e agosto o curso de TAICHI por segundo ano consecutivo.
 
O curso está subvencionado pola Deputación da Coruña dentro do Programa "Envellecemento Cero II" para este ano 2013 e vai dirixido a persoas maiores de 55 anos.
 
Levarase a cabo a partir do día 23 de xullo (durante un mes), os martes e xoves de 10 a 11:30 horas no Ximnasio do CPI ATIOS.
 

O feirón trae aeromodelismo, paella e música de rondalla

Cartel do feirón de xullo

Este sábado 13 de xullo celébrase unha nova edición do feirón mensual de Valdoviño, nesta ocasión dedicado ao aeromodelismo. Cun horario que se amplía ata última hora da tarde, a xornada pecharase coa actuación da rondalla Sonidos del Alba.
 

Páxinas

Subscribirse a noticias