Prohibido o baño en praias de Meirás

O Concello prohibe o baño nas praias de Meirás, na zona que vai dende O Río ata Os Botes, tras un comunicado da Xunta de Galicia que indica a presenza de axentes contaminantes nas augas. Asemade estase a investigar a procedencia dos mesmos.

O Pantín Classic declarado festa de interese turístico de Galicia

O DOG deste xoves publica a seguinte resolución:

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2016 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de maio de 2016, polo que se declara festa de interese turístico de Galicia o Pantín Classic Galicia Pro (A Coruña).
 

Torneo de fútbol 8 do Meirás CF

Este sábado 4 de xuño celebrarase un torneo de fútbol 8 no campo Misael Prieto de Meirás, con equipos das categorías benxamín, infantil, cadete e xuvenil.
 
Os horarios do torneo están dispoñibles nesta ligazón. A duración dos partidos será dunha soa parte, de 25 minutos. As normas poden consultarse no documento adxunto neste enlace.
 

Contratación de 12 postos para a limpeza de praias

O Concello de Valdoviño vén de convocar a contratación laboral temporal de 12 traballadores/as de limpeza de praias, mediante o procedemento de oposición.
 
O contrato formalizarase baixo a modalidade de duración determinada (2 meses e medio), a tempo parcial de 20 horas semanais (media xornada), en horario que se distribuirá segundo as necesidades e organización do servizo, de luns a domingo.
 
Toda a información sobre esta contratación está dispoñible no documento adxunto á dereita da páxina: anuncio e bases.

Valdoviño recolle as Bandeiras Azuis 2016

Entrega das bandeiras

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, desprazouse este mércores a Oleiros para recoller as cinco Bandeiras Azuis que recoñecen a calidade das praias de Vilarrube, Baleo, O Rodo, A Frouxeira e O Río.
 
Dende o Concello resáltase a importancia destes galardóns como recoñecemento do traballo para conquerir que as nosas praias conten coas mellores condicións para a veciñanza e os visitantes, e sirvan como motor económico de Valdoviño, dende o respeto ao medio ambiente e a sustentabilidade.
 

Comezo curso Atención Sociosanitaria de persoas dependentes en Institucións Sociais

Onte ás 15:30 horas deu comezo o curso de Atención Sociosanitaria de persoas dependentes en Institucións Sociais organizado dende o Concello de Valdoviño e financiado pola Deputación da Coruña. A actividade formativa terá lugar nos próximos meses na Escola de Avispeira de Cerdido (aula cedida por este Concello para a impartición teórica). Case 20 mulleres terán, de maneira gratuita, a posibilidade de ser formadas neste ámbito tan demandado nos últimos anos.

Día nacional do celíaco

Día nacional do celíaco

O Concello de Valdoviño amosa nesta xornada o seu apoio a todas as persoas celíacas e, a petición da Asociación Galega de Celíacos, colocou unha bandeira conmemorativa na Casa do Concello.

Valdomusical 2016

Este domingo terá lugar o festival Valdomusical 2016, no que actuarán os alumnos da Escola Municipal de Música de Valdoviño. A cita celébrase no Auditorio Municipal, a partir das 18:00 horas.

Curso atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucions sociais

O próximo día 30 de Maio dará comezo o curso de Atención Sociosanitaria para persoas dependentes en institucións sociais organizado dende o Concello de Valdoviño (Dto. Servizos Sociais), coa colaboración do Concello de Cerdido e coa financiación da Deputación da Coruña.
Un total de 20 persoas de Concellos da zona serán as beneficiarias de dita acción formativa.
A presentación terá lugar na Escola de Avispeira (Cerdido) ás 15:30 horas.

Concilia Verán (Actividades para a infancia) 2016

Concilia busca crear un espazo de calidade no que nenos e nenas se divirtan e aprendan en grupo interiorizando valores como a igualdade ou a solidariedade, ao tempo que se oferta un recurso para a conciliación laboral e familiar.
As actividades van dirixidas a nenos/as de entre 3 e 12 anos de familias empadroadas no Concello de Valdoviño que presenten cargas laborais.
Duración: Xullo e Agosto
Horario: 9:00 - 14:00 horas.
Lugar: por determinar

Páxinas

Subscribirse a noticias