O Concello saca a licitación a reforma da Biblioteca

Coa súa publicación no BOP vén de saír a licitación a reforma de Biblioteca e outros espazos na Casa da Cultura.
 
Toda a información desta obra, incluída no POS 2016, está dispoñible no Perfil de contratante da web: Reforma de Biblioteca e outros na Casa da Cultura (POS 2016).

Inscricións na 1ª Carreira Volta Ás Forcadas

Cartel da proba

Ata o vindeiro xoves está aberto o prazo de inscrición na 1ª Carreira Volta Ás Forcadas, que se celebrará o sábado 18, ás 17:00 horas.
 
A inscrición debe realizarse seguindo as instruccións deste enlace.

VIII Mostra de Teatro Infantil

O Auditorio Municipal acolle este fin de semana a VIII Mostra de Teatro Infantil do Concello de Valdoviño, organizada polo Concello coa colaboración da Centro Cultural Rosalía de Vilaboa, a A.C.R. Os Amigos de Valdoviño, o CPI Atios, a ANPA Beiramar Atios e a Deputación da Coruña.
 

Convocatoria de aspirantes para a limpeza de praias

O Concello de Valdoviño convoca aos 139 aspirantes presentados á Contratación de 12 postos para a limpeza de praias para a realización da proba de coñecementos o vindeiro mércores 15 de xuño, no CPI Atios. Deben acudir provistos do DNI ou documento de acreditación.
 
Os aspirantes con primeiro apelido dende a letra "A" ata "López Cabarcos" serán chamados ás 09:00 horas e dende "López Calderón, Verónica" ata a letra "Z" serán chamados ás 10:00 horas.

Rematan os cursos de musicoterapia

Participantes no curso de Vilaboa
Participantes no curso de Pantín

Os cursos de musicoterapia organizados nas parroquias de Vilaboa e Pantín chegaron ao seu fin esta semana.

Premios do Concurso de relato curto e debuxo

O xurado do Concurso de relato curto e debuxo do Concello de Valdoviño fixo públicos os resultados do certame, salientando a elevada participación e a boa calidade dos traballos presentados.
 
Os gañadores do concurso (dirixido a rapaces empadroados en Valdoviño e a alumnos do CPI Atios ou do CRA O Esquío, aínda que non estivesen empadroados no Concello) son:
 
Premios de debuxo:

Investimento de 40.000 euros no CPI Atios

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, mantivo un encontro co xefe territorial de Educación, quen lle trasladou que a Consellería investirá uns 40.000 euros no CPI Atios, en obras de mantemento e impermeabilización de fachada e fiestras.

As praias de Meirás, aptas para o baño

A Xunta de Galicia comunica a finalización do estado de contaminación das praias de Meirás, polo que volven ser aptas para o baño.
 
O Concello continúa coa investigación para determinar a orixe da vertedura e agradece a comprensión e colaboración dos veciños durante estes días.
 
O pasado venres 3 o Concello prohibira o baño nas praias de Meirás, na zona que vai dende O Río ata Os Botes, tras un comunicado da Xunta de Galicia que indicaba a presenza de axentes contaminantes nas augas.

Contratación dunha técnico deportivo municipal

O Concello de Valdoviño vén de cubrir o posto de técnico-deportivo coa contratación de Inés Ferreira Villar, logo de que acadase a maior puntuación (17,95 puntos) na convocatoria realizada e da que se pode obter toda a información neste enlace: Contratación de técnico deportivo.

Alberto Ameneiros en Idomeni: da contemplación á acción

O Diario de Ferrol publica este luns unha entrevista co valdoviñés e concelleiro do BNG, Alberto Ameneiros, á súa volta do campamento de refuxiados de Idomeni, ao que acudiu como voluntario independente.
 

Páxinas

Subscribirse a noticias