Talleres Trigo, campión do Torneo de Fútbol Sala Concello de Valdoviño

Torneo Fútbol Sala Valdoviño

Talleres Trigo é o campión do Torneo de Fútbol Sala Concello de Valdoviño. Segundo explicou o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, venceu na final a Peluquería Sixto nun partido moi igualado. De feito, rematou co resultado de 1-1 e foi preciso ir á tanda de penaltis.
 
O alcalde, Alberto González, foi o encargado de entregar o trofeo dun campionato que este ano cambiaba ó escenario dos seus inicios e regresaba á pista deportiva da praia da Frouxeira despois de máis de dez anos.
 

O Concello agradece a colaboración de veciños e traballadores municipais na organización do Pantín Classic

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, quixo esta mañá agradecer a todos os veciños e veciñas de Pantín e ós traballadores municipais a súa colaboración na organización do Pantín Classic. Nesta liña, o rexidor explicou que, sen ela, sería imposible contar cun evento destas características e asegurou que o éxito da edición deste ano, como das pasadas, débese en boa parte á implicación de todos eles no campionato mundial de surf.
 

O Concello retoma o programa “Valdoviño. Memoria dun século”

Trala excelente acollida da veciñanza, o alcalde, Alberto González, avanzou que o Concello retomará este mes de setembro o programa “Valdoviño. Memoria dun século”.  Un proxecto ideado pór e para as persoas maiores de 55 anos que, cada semana, promove xuntanzas nas que conversan sobre as vivencias e recordos de anos atrás. Segundo o alcalde, o obxectivo non é outro que crear espazos de encontro entre o colectivo, recuperando e poñendo en valor a memoria colectiva para tecer a historia de Valdoviño.
 

Charlas informativas en Vilaboa e Valdoviño sobre as terapias para afectados de alzhéimer

AFAL Ferrolterra, en colaboración co Centro Cultural Rosalía e o Concello, ofrecerá esta semana charlas informativas sobre o alzhéimer e as terapias que se porán en marcha para os afectados en Valdoviño.
 
Será este martes ás 20 horas na Cooperativa de Vilaboa e o mércores ás 20,30 horas no Centro Sociocomunitario de Valdoviño. Estarán impartidas por técnicas da asociación e a participación é libre. Nelas, tamén se tentarán resolver as dúbidas e cuestións que planteen os asistentes.
 

Aberto o prazo de inscrición da V Milla Urbana Concello de Valdoviño

Cartel da proba

O domingo 18 de setembro celébrase a V Milla Urbana organizada polo Concello de Valdoviño. Os interesados en participar nestra proba do IV Circuíto Carreiras Galegas Populares da Deputación da Coruña deben facer a súa inscrición na web de Carreiras Galegas antes das 23:59 horas do xoves 15 de setembro.
 

Vive Valdoviño!

O Concello presenta a súa campaña Vive Valdoviño! Todo un percorrido polos puntos máis salientables e os recunchos escondidos do noso municipio. Toda a información turística e varios vídeos neste portal: Vive Valdoviño!
 

Preto de 800 persoas participaron nas praias de Valdoviño na campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor"

Campaña reciclaxe

Un total de 783 persoas tomaron parte esta semana en Valdoviño na campaña “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”. Este é o balance que daba a coñecer esta mañá o alcalde, Alberto González, quen valorou moi positivamente a acollida de veciños e visitantes.
 

Pantín dá o nome de Andrés Suárez á súa nova zona recreativa cun concerto improvisado do cantautor

Andrés Suárez Concerto

“É un orgullo ser un ferrolán de Pantín”. Así comezaba este mediodía o seu pequeno discurso o cantautor Andrés Suárez no acto no que a Asociación de Veciños de Pantín daba o seu nome á nova zona recreativa da parroquia. Xustificaba a súa visible emoción porque era “a primeira homenaxe que me fan” e tiña dobre valor: “porque son os meus veciños os que a promoven” e “porque é en vida, o que ten o seu mérito”.

A final do Torneo de Fútbol Sala Concello de Valdoviño dispútase este venres

A final do Torneo de Fútbol Sala Concello de Valdoviño disputarase mañá venres. Será a partires das 20,15 horas na pista deportiva da Frouxeira e a entrada é libre e gratuíta. Unha hora antes, celebrarase o partido no que se dirimirá o terceiro e cuarto clasificados.
 
A entrega de trofeos, que está prevista para as 21,30 horas, estará presidida polo alcalde de Valdoviño, Alberto González. O torneo está organizado pola Concellería de Deportes que dirixe Sergio Saavedra no marco da programación estival Ociosol.

“Concilia Verán” despídese cun faladoiro de familias, veciños e nenos en torno á lagoa da Frouxeira

Clausura Concilia Verán

Construíron carrilanas con refugallos, pescaron anguías con cana de bimbio, percorreron a praia da Frouxeira cos socorristas e izaron a bandeira azul, recolleron pegadas de animais… estas foron algunhas das actividades que, durante os meses de xullo e agosto, realizaron a vintena de nenos e nenas de 3 a 12 anos que participaron no programa municipal “Concilia Verán”. Tiveron o seu campamento base no edificio municipal ubicado no entorno da Frouxeira, e onte estas instalacións albergaban un particular faladoiro no que participaron familias, veciños e veciñas e o alcalde, Alberto González.

Páxinas

Subscribirse a noticias