Black Acoustic na capela do Porto

A capela do Porto de Meirás acolle este domingo a apertura do programa "Escenarios paralelos", coa actuación de Black Acoustic.

O concerto comezará as 19:30 horas e é gratuíto, pero co aforo limitado ás características da capela. Black Acoustic, dúo formado por Iria Mejuto na voz e Richi Rozas na guitarra, interpreta música soul, redescubrindo grandes clásicos como Aretha Franklin, Stevie Wonder, etc.

O programa está subvencionado pola Deputación Provincial.

Pasarela na praia de Pantín

Vista da nova pasarela

O Concello de Valdoviño vén de habilitar en Marnela unha pasarela de acceso á praia de Pantín.

Horarios da piscina municipal

Os horarios da piscina municipal durante este verán ficarán como segue:

  • Cursos para nenos: luns, mércores e venres, de 10:30 a 13:15 horas.
  • Cursos para adultos: martes e xoves, de 10:30 a 12:15 horas.
  • Baño libre: de luns a venres, de 16:00 a 20:00 horas; fins de semana e festivos, de 12:00 a 20:00 horas.

Colaboración cidadá na busca de bancos públicos

Tras o roubo de dous bancos no espazo público de Fontesín, na praia do Río en Meirás, dende o Concello pídese a colaboración da veciñanza para recibir información sobre o paradeiro dos mesmos.
 
Quen rouba ou maltrata propiedades públicas, maltrata o de todos; coidando o de todos, coidamos o noso. Grazas.

Curso intensivo de tiro con arco

Cartel do curso
Cartel do Ociosol

O Concello de Valdoviño, en colaboración co clube de tiro Arco A Frouxeira e a Federación Galega de Tiro con Arco, organiza un curso intenstivo de tiro con arco.
 
O curso celebrarase do 18 ao 22 de xullo e do 8 ao 12 de agosto, de 10:30 a 12:30 horas, no campo de fútbol de Mourente. Inscricións e máis información na Concellería de Deportes (626 465 531).
 
Por outra banda, lembramos que o día 13 comeza a actividade de fitness na praia incluída no Ociosol 2016.

Becas material escolar 2016

O Concello de Valdoviño comunica á veciñanza que poda estar interesada que o prazo de solicitude de becas municipais para material escolar aínda non está aberto. Foi publicado anuncio no BOP da provincia da Coruña pero debe ser publicado un extracto no mesmo boletín para que a convocatoria sexa efectiva. Será anunciado a través de este medio e na prensa comarcal.

Campaña de control da velocidade

Como consecuencia das numerosas protestas dos nosos veciños pola excesiva velocidade que acadan os vehículos na travesía de Valdoviño, en especial no cruce do Carballal e na Porta do Sol, o Concello pon en marcha unha serie de medidas de control de velocidade.
 
Na campaña efectuada durante o mes de xuño constátase pola Policía Local unha redución da velocidade dos vehículos que circulan pola travesía, en relación á primeira campaña de control realizada. Aínda así 190 dos máis de 14.000 vehículos controlados foron sancionados por exceso de velocidade.
 

Valdoviño presente no Campionato Open Mar Costa Dúos

Os nosos representantes co trofeo

Este fin de semana disputouse na praia de Salinas o VII Campionato de España Open Mar Costa Dúos, ao que se desplazaron tres parexas da nosa comarca, unha delas formada por Antonio Calvo e Francisco J. Vilar, veciño de Meirás.
 

Campionato Galego de Tiro con Arco

Este sábado disputouse no campo de Mourente o Campionato Galego de Tiro con Arco ao Aire Libre, en categorías esquío, benxamín, alevín e infantil.

Izado de Bandeiras Azuis

Izado da Bandeira Azul na Frouxeira
Equipamento de salvamento

Na mañá deste venres 1 de xullo comezou a funcionar o servizo de socorrismo nas praias de Valdoviño. Asímesmo procedeuse ao izado das Bandeiras Azuis nos areais do Río, A Frouxeira, Pantín, O Baleo e Vilarrube.
 
O servizo de salvamento estará operativo ata o 31 de agosto.

Páxinas

Subscribirse a noticias