O Concello ofrece clases de fitness no parque biosaudable da Frouxeira

A programación de ocio e deportiva do Concello de Valdoviño continúa ofrecendo un sinfín de propostas. Así, a Concellería de Deportes organiza durante todo o mes de agosto clases gratuítas de fitness e zumba. Teñen como escenario principal o parque biosaudable da Frouxeira e celébranse luns, mércores e venres, en horario de mañá –de 10,15 a 11,15 horas-. Non é necesaria inscrición previa, basta con presentarse nas datas e horas sinaladas. Están pensadas para persoas adultas.
 

Primeira semana do torneo de fútbol sala

O torneo dispútase na pista do camping

Talleres Trigo, P Sixto e Santa Marina encabezan a clasificación do Torneo de Fútbol Sala Concello de Valdoviño tras a súa primeira semana de competición. Están igualados a catro puntos, cun partido gañado e outro empatado cada un. Síguelles na clasificación o Steagua, Friday Night 1 e Friday Night 2, Setelux e Camping, cun partido gañado e tres puntos. E, pechando a competición, o Lago FS, cun punto tralo seu empate contra o Santa Marina.
 

O Concello programa unha sesión de cine ó aire libre no anfiteatro da Casa da Cultura

A programación cultural do Concello de Valdoviño propón para este xoves, 11 de agosto, unha noite de cine ó aire libre.O anfiteatro da Casa da Cultura convertirase nunha improvisada sala na que o público poderá, a partires das 22 horas, disfrutar do pase do filme “Dios mío, ¿pero qué te hemos hecho?”. Aínda que se prevé unha noite sen choiva, con temperaturas agradables, se o tempo non acompañase a iniciativa trasladaríase ó auditorio do inmoble.
 

Consulta do censo electoral

O alcalde-presidente do Concello de Valdoviño vén de publicar un Bando Municipal no que fai saber:

Últimos bautismos de surf

Esta semana teñen lugar os últimos bautismos de surf gratuítos organizados polo Concello de Valdoviño a través das escolas instaladas no municipio. Os interesados en obter unha das últimas prazas deben chamar ao teléfono da concellería de Deportes, número 626 465 531.

Campaña Doazón de Sangue Agosto

 As unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia(CTG), percorren toda a nosa Comunidade para facilitar á cidadanía o xesto solidario da doazón de sangue, co obxectivo e a necesidade de acadar 500 doazóns de sangue cada día.
 

VALDOVIÑO
UNIDADE MOBIL DIANTE DO CONCELLO

XOVES, 18 AGOSTO
10:00 ás 14:30 horas
16.00 ás 21:00 horas

MEIRAS
UNIDADE MOBIL DIANTE DA COOPERATIVA

VENRES, 19 AGOSTO
16:00 ás 21:00 horas

Agradécese colaboración!!!!

Programa "Achega"

O Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello, Cáritas Parroquial e Protección Civil quere lembrar á veciñanza que o Programa Achega segue a estar vixente. Este programa ten como obxectivos os seguintes: impulsar un programa marco para a realización de actuacións de axuda social, sensibilizar á poboación sobre a existencia de necesidades nas familias veciñas, implicar aos diversos axentes da comunidade na consecución das axudas e conseguir recursos inmediatos que permitan resolver as situación de emerxencia das familias do Concello.

Curso intensivo de tiro con arco

Cartel do curso

Do 8 ao 12 de agosto terá lugar un curso intensivo de tiro con arco no campo de fútbol de Mourente. O curso está dirixido e impartido por Anxo Grandal García, monitor nacional de tiro con arco, e nel participará Iria Grandal García, arqueira olímpica en Londres 2012.
 
Inscricións e máis información na concellería de Deportes, teléfono 626 465 531. Organizan e colaboran Arco A Frouxeira e Concello de Valdoviño.

Andada noctura a Parque Novo

O Concello de Valdoviño organiza este venres 5 de agosto unha andada nocturna a Parque Novo, dentro do programa "Escenarios paralelos". A actividade terá unha duración aproximada de dúas horas e media e inclúe o percorrido de ida e volta de aproximadamente 6-7 kilómetros, de dificultade baixa, cunha subida ata o complexo eólico Parque Novo, no que haberá un espectáculo de animación dunha hora aproximada de duración. A continuación realizarase a posterior baixada.
 
A saída realizarase ás 21:30 horas dende o aparcamento de autobuses do CPI Atios.
 

Presentación do Ociosol de fútbol sala

Presentación do torneo

Este xoves tivo lugar a presentación do torneo de fútbol sala Ociosol 2016, que comezará o luns 1 de agosto.
 
Neste encontro a organización explicou as normas do campionato aos representantes dos equipos participantes.

Páxinas

Subscribirse a noticias