Adxudicado o servizo de salvamento e socorrismo 2014

A Xunta de Goberno Local acordou adxudicar o contrato administrativo do servizo de salvamento e socorrismo en determinados areais do concello de Valdoviño, ano 2014, á empresa SEFORGASA, S.L., cun prezo de 95.498€ máis un importe de 20.054,58€ en concepto de IVE, e cun prazo de vixencia de 2 meses, dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto.

 
Toda a información deste trámite está dispoñible no perfil de contratante da web: Servizo de salvamento e socorrismo 2014.

Expositores Valdoaventura

En Valdoaventura poderás coñecer a oferta de ocio e turismo activo da comarca e saber cal e a que máis se adapta a ti. Os expositores e colaboradores presentes son:

Fogueira de San Xoán

San Xoán 2014

O Concello de Valdoviño organiza unha churrascada popular para a noite de San Xoán, a celebrar no espazo do Feirón da Porta do Sol (23 de xuño, a partir das 20:30 horas).
 
O menú está composto por churrasco, criollo, pan, viño, auga e gaseosa, 5 euros/ración. Queimada gratis.
 
Haberá inchables gratis para os nenos e a actuación musical de Nina Pantín.

Valdoaventura, a feira de turismo e aventura

A Feira de Turismo e de Aventura VALDOAVENTURA convírtese na mellor opción para pasar a fin de semana máis divertida do verán 2014, os días 5 e 6 de xullo.

Programa de Voluntariado "V" - Valdoviño

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, vai poñer en marcha un programa de voluntariado dirixido a todas aquelas persoas que desexen colaborar como persoas voluntarias naquelas accións que se programen dende o Concello incluidas nos distintos ámbitos recollidos na Lei 10/2011, de 28 de novembro, de acción voluntaria.
 

Obradoiros de Conciliación Verán 2014

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, pon en marcha novamente os Obradoiros de Conciliacion nos meses de verán dende o Programa CONCILIA financiado pola Deputación da Coruña.
 
O Programa busca crear un espazo de calidade no que nenos/as se divirtan e aprendan en grupo interiorizando valores como a igualdade ou a solidariedade, ao tempo que se oferta un recurso para a conciliación laboral e familiar.
 

Campaña de vela 2014

Desde o 2 de xuño está aberto o prazo para se apuntaren á campaña de vela da Deputación da Coruña (Iniciación á navegación a vela).

Musicoterapia - Programa de Envellecemento Activo "Envellecemento Cero II"

Musicoterapia
Musicoterapia

O curso de Musicoterapia (impartido pola Asociación AFAL-Ferrolterra), incluido dentro do Programa de Envellecemento Activo para o exercizo 2013, financiado pola Deputación da Coruña, pechará ás súas portas este 19 de xuño. Esta actividade da por finalizado o Programa na súa 2ª edición. Actividades como TAICHI, Risoterapia, Obradoiro de Sexualidade na Madurez, Stretching/Pilates, estimulación cognitiva... permitiron durante este curso dinamizar e activar a todas aquelas persoas maiores de 55 anos que decidiron participar.
 

Nova oficina do Servizo Municipal de Augas

Servizo Municipal de Augas de Valdoviño
 
Informa aos veciños de Valdoviño de que dende o martes día 20 de maio de 2014 a nova oficina do Servizo estará situada no seguinte enderezo: Gándara S/N Edif. Multiservicios (Antigo Mercado), 15552 Valdoviño. Mantendo o habitual horario de atención ao público: martes e xoves de 11:30 a 13:30 horas.
 

"Xigantes", de Miro Magariños, chega á Casa da Cultura

Este venres 23, ás 18:30 horas, terá lugar a representación do espectáculo "Xigantes", posto en escea pola compañía de Miro Magariños e dirixido a un público infantil e familiar, a partir de 3 anos.
 

A Casa da Cultura acollerá esta obra, baseada nun conto de Xoan Babarro e Ana María Fernández, con oito cancións con música composta especialmente para esta montaxe.
 

A obra conta como un mestre carpinteiro e o seu axudante, Pucho, tentan comezar a xornada de traballo escoitando a radio… claro que cada quen na súa emisora favorita….

 

Páxinas

Subscribirse a noticias