Reanúdase o proceso de selección dun operario municipal

O Concello de Valdoviño reanuda o proceso selectivo dunha praza de operario municipal, logo da súa interrupción debido ás condicións climatolóxicas adversas.
 
Faise un chamamento aos aspirantes para o vindeiro venres, día 8 de febreiro, ás 9 horas para a realización do primeiro exercicio da oposición. Deberán presentarse no lugar do “Mirador do Paraño”, na Ladeira (Valdoviño), provistos do documento nacional de identidade ou documentación identificativa análoga (carné de conducir ou pasaporte) aos efectos de acreditar a súa identidade.
 

Xornada Municipal de Termalismo

Termalismo: Envellecemento cero

O Concello de Valdoviño organiza para o vindeiro 27 de febreiro (mañá e tarde) unha Xornada de Termalismo dentro do Programa "Envellecemento Cero", subvencionado pola Deputación da Coruña.
 
A xornada vai dirixida a persoas maiores de 55 anos que non presenten dificultades para a realización de actividades na auga.
 
A actividade, gratuíta, será levada a cabo no SPA Attica 21 de Vilalba e inclúe transporte, seguro e xantar.
 

Vai de Entroido! Actividades lúdico educativas para a conciliación

O Concello de Valdoviño informa que durante os días 11, 12 e 13 de febreiro de 2013 levaranse a cabo os Obradoiros de Entroido, subvencionados pola Deputación da Coruña, para nenos e nenas de 3 a 12 anos na Casa da Cultura de Valdoviño de 9:30 a 14:00 horas. Actividades lúdico educativas con música, teatro, pinturas, disfraces...

Nº de prazas: 24 (por orde de inscrición, con prioridade para as familias que precisen o recurso para a conciliación familiar no caso de superarse as 24).

Cancelación do exercicio para o posto de operario

Recibida comunicación da Dirección Xeral de Emerxencias alertando de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia, nivel laranxa (nevadas e ventos), que se iniciarán ás 12:00 horas do día 22 e que afectarán ao conxunto da franxa litoral de Galicia, o Concello decidiu deixar sen efecto o chamamento feito aos aspirantes á praza de operario municipal para o día 23 de xaneiro de 2013, ás 9 horas.
 
O proceso interrúmpese ata unha nova data, con condicións mais favorables, que será comunicada a través do Taboleiro de Anuncios do Concello e da páxina web municipal.
 

Puntuacións e convocatoria para a praza de operario municipal

Unha vez realizada a fase do concurso correspondente á selección por concurso-oposición dunha praza de operario no Concello de Valdoviño (funcionario interino), faise pública a listaxe coas puntuacións dos aspirantes.
 
Asímesmo, convócase aos aspirantes para o vindeiro mércores día 23 de xaneiro, ás 09:00 horas, para a realización do primeiro exercicio da oposición. Para elo, deberán presentarse no lugar do Mirador do Paraño, provistos do DNI ou documentación identificativa análoga.
 

Campaña "1KILO+" (Recollida de Alimentos)

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais, informa que durante a campaña de recollida de alimentos levada a cabo no Nadal 2012-2013 en colaboración con Cáritas Valdoviño e o CPI ATIOS (alumnado e profesorado) foron recollidas 1.328 unidades de produtos: 820 kilos, 255 lotes de conservas, 166 unidades de produtos de Nadal e 87 lotes de produtos de hixiene. Foron beneficiarias 25 familias do Concello de Valdoviño.
 
O noso maior agradecemento pola participación da veciñanza.

Calendario municipal de 2013

O Concello de Valdoviño vén de editar un ano máis o seu calendario institucional. Composto por imaxes realizadas polos veciños, os calendarios poden atoparse nas cooperativas de Meirás, Lago e Vilaboa, nos locais das Asociacións de veciños, na Casa da Cultura ou na Casa do Concello.
 

I Festival Solidario

I Festival solidario

O 19  de Xaneiro celebrarase o I Festival Solidario a favor de Cáritas co obxectivo de recaudar fondos para distribuir entre as familias con maiores necesidades do concello.
 

Listaxe de aspirantes admitidos para operario municipal

Publícase a listaxe de admitidos no proceso selectivo para a provisión por concurso-oposición dunha praza no posto de operario municipal, en réxime de interinidade, Grupo E, Escala Administración Especial, Nivel 7.
 
A fase de selección correspondente ao concurso queda fixada para as 9 da mañá do día 15 de xaneiro, na Casa do Concello.
 
A listaxe de admitidos pode consultarse na seguinte convocatoria: Contratación de persoal (operario municipal).

Contratación dunha traballadora social

Logo de realizar o correspondente proceso selectivo para a cobertura con carácter laboral-temporal, dunha praza de Traballador/a Social, o Concello seleccionou á aspirante que acadou maior puntuación para a praza convocada.
 
Pode consultarse o decreto de contratación nesta ligazón: Convocatoria de praza de traballador/a social.

Páxinas

Subscribirse a noticias