Valdoviño mantén as cinco Bandeiras Azuis

Valdoviño contará un ano máis con cinco Praias galardoadas coa Bandeira Azul, logo de que O Río, A Frouxeira, Pantín, O Baleo e Vilarrube mantivesen a súa distinción para este ano 2012.

I Ruta senda litoral Ferrol-Valdoviño

O domingo 17 de xuño celebrase a I Ruta senda litoral Ferrol-Valdoviño, organizada por Converxencia Galega e Unidos por Valdoviño coa colaboración do Concello.
 
A xornada comezará ás nove da mañá, coa saída dun autobús da Porta do Sol. A recollida de participantes continuará na Cooperativa de Lago (ás 09:05 horas) e na Cooperativa de Meirás (ás 09:10 horas), desprazándose ata a praia de Ponzos, onde contra as 09:30 horas se iniciará a ruta.

Verán saudable: Tai-chi

Verán saudable: Tai-chi

O Concello de Valdoviño organiza para este verán sesións de tai-chi dirixidas a maiores de 55 anos (que non teñan problemas de saúde que dificulten a práctica de exercicio físico).
 
Esta actividade é gratuíta e celebrarase do 17 de xullo ao 16 de agosto, os martes e xoves, de 11:30 a 13:00 horas.
 
Os interesados en practicar o tai-chi poderán inscribirse dende o 11 de xuño ata o 11 de xullo no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981487041 - ext.5. As prazas son limitadas e serán adxudicadas segundo a orde de inscrición.

A concentración moteira de Fojeteiros visita Valdoviño

Concentración moteira Fojeteiros 2012

Valdoviño acollerá este domingo, 3 de xuño, aos participantes na VII Concentración moteira "Cidade de Narón" - II Xornadas de Turismo Activo, organizada un ano máis polo Moto Club Fojeteiros.
 
O evento, que conta coa colaboración do Concello de Valdoviño, comeza o venres ás seis do serán e inclúe entre as actividades organizadas unha ruta polo noso municipio.
 

Xuntanza de maiores do Carballiño

O Concello de Valdoviño participará un ano máis na Xuntanza de maiores do Carballiño, organizada pola delegación territorial da Xunta de Galicia en Ourense, a través da xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar.
 
A XXXIV edición celébrase o día 9 de xuño no lugar habitual (Parque Municipal do Carballiño).
 

Oficinas pechadas o martes 22

Con motivo da festividade de Santa Rita as oficinas municipais permanecerán pechadas este martes 22 de maio.

Axudas de emerxencia social

Dende o 15 de maio ata o 15 de xuño está aberto o prazo de solicitude das axudas de emerxencia social incluídas no Programa Emerx-endo.
 
Con esta convocatoria o Concello trata de posibilitar que as persoas e familias que o necesiten poidan acceder a recursos e servizos básicos que permitan uns mínimos de calidade de vida, relacionados coas necesidades de alimentación, vestido, vivenda, participación social ou apoio educativo (actividades extraescolares).
 

Posta en marcha da web municipal

Dende este xoves 17 de maio, Día das Letras Galegas e Día de Internet, o Concello de Valdoviño conta con nova web oficial.
 
Esta ferramenta permitirá axilizar os trámites, seguir o día a día da administración local ou coñecer os recursos naturais e de lecer de Valdoviño. A páxina, dispoñible en tres idiomas, aumenta a transparencia da institución coa difusión dos datos de retribucións dos concelleiros ou a publicación de orzamentos e actas plenarias.
 

Inauguración da exposición de Carlos Lamas

A sala de exposicións da Casa da Cultura acolleu no serán deste mércores a inauguración dunha mostra de tallas e gravados realizados por Carlos Lamas Hermida.
 
A exposición poderá visitarse ata o 30 de maio, en horario de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas. A entrada é de balde.

Páxinas

Subscribirse a noticias