O Concello de Valdoviño propón talleres de ioga e de cociña para disfrutar en familia

O Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, propón ás familias con nenos e nenas de Valdoviño participar en obradoiros de ioga e de cociña. As actividades son gratuítas, aínda que as prazas son limitadas e, por iso, é preciso formalizar a inscrición entre o martes 18 e o día 28 deste mes. Os interesados deberán acudir ó departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa do consistorio- ou chamar ó teléfono 981 48 70 41 ext.5.
 

O Concello programa obradoiros gratuítos de musicoterapia para maiores de 55 anos

Musicoterapia en Pantín

O Concello de Valdoviño proponse retomar os obradoiros de musicoterapia para persoas maiores de 55 anos. Neste caso, e tralo seu paso polas parroquias de Pantín, Vilaboa e Sequeiro, as sesións levaranse a cabo no local social de Vilarrube. Por este motivo, a Concellería de Servizos Sociais abrirá o próximo martes, 18 de abril, o prazo de inscrición no programa, con custe cero para os participantes.
 

O Concello de Valdoviño organiza talleres para dar a coñecer o funcionamento dos parques biosaudables á veciñanza

O Concello de Valdoviño organizará talleres nos parques biosaudables para dar a coñecer o seu correcto uso entre a veciñanza. Así, a técnica do departamento municipal de Deportes guiará sesións prácticas nas que amosará algúns exercizos axeitados para realizar ao aire libre nos diferentes elementos das instalacións, de xeito que o seu uso posterior sexa correcto e autónomo por parte dos usuarios.
 

Nenos e maiores secundaron a “Quedada” organizada en Valdoviño para pintar ao aire libre

Quedada pintura

Veciños e veciñas de todas as idades, aínda que con especial predominio de nenos, tomaron parte esta mañá na “Quedada” organizada polo Concello de Valdoviño para pintar ao aire libre.
 
A “Quedada” estivo guiada polo pintor Manuel Carballeira, e daba comezo ás 10 horas na Casa da Cultura. De aí, partían cara o entorno do areal e lagoa da Frouxeira, escenario no que centraron as súas creacións, realizadas en técnicas como o óleo ou a acuarela.
 

Recoñecemento a Francisco Dopico e Andrés Rey polo seu labor e adicación en Protección Civil

Homenaxe Protección Civil
Foto de familia das agrupacións

A Casa da Cultura de Valdoviño foi escenario esta mañá do emotivo acto de entrega de distincións ó presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, Francisco Dopico Amado, e ó voluntario da entidade local Andrés Rey Rivas. Un acto presidido polo alcalde, Alberto González, ó que tamén acudiron representantes das agrupacións da comarca. Tampouco a veciñanza se quixo perder a cita, convertíndoa nun auténtico recoñecemento ós homes e mulleres que integran a agrupación local.
 

Arranca o I Open Tenis de Valdoviño con medio centenar de participantes

Medio centenar de deportistas tomarán parte na primeira edición do Open Tenis Concello de Valdoviño que, nos próximos días, se disputará no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás. A inscrición pechábase onte á noite e procedíase ó sorteo do calendario. Nesta liña, segundo explicou o edil de Deportes, Sergio Saavedra, poderase consultar na seguinte dirección web www.doblered.net.
 

O Concello acondiciona os lavadoiros dos Beceiros, Bedoxa e Carreira Arriba

Lavadoiro Bedoxa
Lavadoiro Carreira Arriba
Lavadoiro Os Beceiros

Tras anos de abandono, a Concellería de Servizos procedeu ó acondicionamento do lavadoiro dos Beceiros, na parroquia de Meirás, e dos de Bedoxa e Carreira Arriba, na de Sequeiro. Unhas instalacións cun alto valor etnográfico invadidas ata hai uns días pola maleza e a suciedade.
 

“Quedada” este sábado en Valdoviño para pintar ao aire libre

A Casa da Cultura de Valdoviño será este sábado, 8 de abril, o punto de encontro da “Quedada” para pintar ao aire libre que organiza o Concello, a través da Concellería de Cultura, coa colaboración do pintor Manuel Carballeira.
 
Non se precisa de inscrición previa, e tampouco hai límites á idade dos participantes, aínda que os menores de 18 deberán ir acompañados dun adulto. Así mesmo, deberán traer consigo o material que se vaia a utilizar –óleo, acrílico, acuarela, carboncillo…-.
 

O Concello saca a contratación a xestión da Aula da Natureza

Aula da Natureza

O Concello de Valdoviño vén de sacar a contratación a xestión da Aula da Natureza-Punto de Atención Infantil.
 
Un novo servizo no municipio para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos fogares con fillos e fillas de cero a tres anos. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicaba esta mañá o anuncio da contratación, co que dende mañá mesmo as empresas poderán presentar as súas ofertas.
 

A Casa da Cultura acolle este sábado a entrega de distincións a Francisco Dopico e Andrés Rey polos seus máis de 30 e 10 anos en Protección Civil

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, Francisco Dopico Amado, e o voluntario da entidade local Andrés Rey Rivas, recibirán este sábado, 8 de abril, sendas distincións pola súa entrega e compromiso durante tantos anos.
 

Páxinas

Subscribirse a noticias