Actualización de ordenanzas municipais

O Concello de Valdoviño iniciou hai varios meses os procesos para actualizar de forma global as distintas ordenanzas, impostos e taxas fiscais que rexen en Valdoviño.
 
Entre as ordenanzas modificadas máis avanzadas atópanse a Ordenanza municipal de actividades, a Ordenanza de Obras menores e a Ordenanza sobre venda ambulante, entre outras.
 
O actual grupo de goberno está estudando os mecanismos máis adecuados para posibilitar o fraccionamento do pago das distintas ordenanzas e así poder beneficiar os veciños nuns momentos tan complicados como os actuais.
 
O Alcalde de Valdoviño asistíu o venres 21 de xuño a unha reunión en Cerdido con outros alcaldes e representantes dos concellos de Ortigueira, Cariño, Cedeira, Somozas, Cerdido, San Sadurniño, Neda e Moeche para tratar unha ordenanza conxunta sobre a extracción de madeira nos seus montes.
 
Actualizar as ordenanzas e posibilitar o fraccionamento do pago das mesmas é unha das prioridades do actual goberno de Valdoviño.