Explotación da cafetería sita na praia da Frouxeira

Obxecto: 

A adxudicación da explotación da cafetería da praia da Frouxeira. Formarán parte como obxecto do contrato, constituíndo obriga para o contratista adxudicatario, a custodia das chaves, limpeza, mantemento e xestión para o uso público dos servizos hixiénicos existentes no aparcadoiro central (zona rotonda).

Tipo de procedemento:
Tipo de contrato:
Estado do procedemento:
Orzamento (sen IVE): 
Mínimo 5.000 euros anuais
ID do Procedemento: 
CONT- 4/2013
Data de publicación: 
martes, 18 Xuño, 2013
Prazo de execución: 
Dous anos (prorrogable por un prazo máximo de dous anos)
Observacións: 
Procedemento aberto, tramitación urxente, con oferta economicamente máis vantaxosa, co prezo como único criterio de adxudicación.
Importe máximo dos gastos de publicidade a costa do contratista: 500 euros.
Presentación de ofertas: 
Na Secretaría do Concello (Porta do sol, s/n), de acordo co establecido no prego de cláusulas que rexen a contratación, no prazo de 8 días naturais a contar dende a última publicación no BOP e xornal de maior tirada.
Clasificación do contratista: 
Non se esixe.
Garantía: 
Definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.
Revisión de prezos: 
Non procede.
Taxas do contrato: 
Non se establecen.
Datos de adxudicación: 
A mesa de contratación declara rexeitadas as ofertas dos licitadores: Os licitadores non presentan a documentación completa; falta a debida acreditación a que fai referencia o punto 10.1 g) do prego de cláusulas que rexen a contratación.