Explotación da cafetería sita na praia da Frouxeira

Obxecto: 

A adxudicación da explotación da cafetería da praia da Frouxeira. Formarán parte como obxecto do contrato, constituíndo obriga para o contratista adxudicatario, a custodia das chaves, limpeza, mantemento e xestión para o uso público dos servizos hixiénicos existentes na praia da Frouxeira e situados no aparcadoiro da zona este, no aparcadoiro central (zona rotonda) e nas proximidades da lagoa.

Tipo de procedemento:
Tipo de contrato:
Estado do procedemento:
Orzamento (sen IVE): 
Mínimo 10.000 euros anuais
ID do Procedemento: 
CONT- 2/2013
Data de publicación: 
luns, 13 Maio, 2013
Prazo de execución: 
Dous anos (prorrogable por dous anos)
Observacións: 
Procedemento aberto, con oferta economicamente máis vantaxosa, co prezo como único criterio de adxudicación
Importe máximo dos gastos de publicidade a costa do adxudicatario: 500 euros
Presentación de ofertas: 
Na Secretaría do Concello (Porta do sol, s/n), de acordo co establecido no prego de cláusulas que rexen a contratación, no prazo de 15 días naturais a contar dende a última publicación no BOP ou xornal de maior tirada
Clasificación do contratista: 
Non se esixe
Garantía: 
Definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE
Revisión de prezos: 
Non procede
Taxas do contrato: 
Non se establecen
Mesa de contratación: 
Reunida o 12 de xuño, a mesa de contratación declara rexeitada a oferta do único licitador, segundo o documento adxunto (resultado da cualificación)