Novidades medioambientais

O pasado luns día 29 de abril o concelleiro de Medio Ambiente, José Rodríguez, reuníuse con altos cargos da Demarcación de Costas do Estado para intentar solucionar varios problemas que ao entender do Concello necesitan urxente solución.
 
Na reunión que tivo lugar na cidade da Coruña abordáronse os asuntos seguintes.

  1. Posibilidade de instalar unha ducha natural na praia de Campelo aproveitando o manantial que por alí discurre todo o ano. Colocaríase unha plataforma na baixada á praia por onde discurren os bañistas e aproveitaríase o curso natural da auga.
  1. Limpeza rápida e urxente do cauce do río San Vicente na praia Do Río en donde desemboca, xa que plantas invasoras están empuxando o cauce do río e recortando de forma importante a praia.
  1. Urxente solución para a Capela do Porto. As forzas do mar están degradando o enclave no que está situada a capela e de non actuar sobre ela pode acabar caendo ó mar. Xa existe un proxecto da Demarcación de Costas para evitar o seu contínuo deterioro.
  1. Urxente solución na cala coñecida como Cortello Grande do Rego, xa que por efectos dos temporais a baixada existente está destruída e presenta graves riscos para as persoas.
  1. Reparación de todas as pasarelas de madeira existentes en dominio público marítimo terrestre en Valdoviño, xa que no seu día foron colocadas pola Demarcación de Costas. As pasarelas teñen unha antigüedades de máis de 15 anos e necesitan un mantemento que o Concello actualmente non pode levar a cabo.
  1. Estación depuradora de augas residuais. Revisarase por técnicos da Demarcación de Costas, según instruccións recibidas da Consellería de Medio Ambiente.
  1. Limpeza dos toxos e matorrais diseminados no contorno da praia da Frouxeira, do parque aledaño á mesma e nas inmediacións da Lagoa da Frouxeira.

 
Froito da reunión os representantes da Demarcación de Costas visitarán o concello de Valdoviño o vindeiro martes día 7 de maio para ver in situ as anomalías comunicadas e intentar a súa subsanación.