Constituída a Mesa de contratación do Servizo de limpeza de edificios municipais

A Mesa de contratación do Servizo de limpeza en diferentes edificios municipais do Concello de Valdoviño constituíuse o luns 29 de abril, reuníndose para cualificar os requisitos dos sobres A das seis empresas licitadoras.
 
Analizada a documentación, a Mesa acorda concederlle a unha das empresas licitantes un prazo de tres días hábiles aos efectos de que poida presentar a documentación incompleta.
 
Máis información sobre a resolución e o trámite, no perfil de contratante da web: Servizo de limpeza de edificios municipas 2013.