Reunión coa SEPES para falar sobre o polígono industrial das Boeiras

O pasado mércores 3 de abril visitaron o concello de Valdoviño representantes da SEPES (Entidade Pública Empresarial de Solo), para tratar diversos asuntos relacionados co polígono industrial das Boeiras, na parroquia de Sequeiro.
 
No transcurso da visita os representantes municipais solicitaron a cesión dun local para a Asociación de Veciños de Sequeiro e aproveitaron para ver o estado no que actualmente se atopa o futuro polígono industrial das Boeiras.
 
Os representantes da SEPES tomaron nota das reivindicacións e suxerencias do Concello de Valdoviño, e quedaron en dar contestación as demandas solicitadas no menor plazo de tempo posible.