Acordos do Pleno Municipal de marzo

No Pleno ordinario do mes de marzo, celebrado o pasado venres 15 ás 20:00 horas, aprobáronse os seguintes puntos:
 
1. Modificouse o nomeamento do concelleiro D. José Antonio Rodríguez Fernández, que substituirá a Dª. Cristina Freire Aneiros como representante do Concello no Grupo de Acción Costeira.
 
2. Cambiouse o representante do Concello na Mesa de Comercio Local, sendo nomeado D. Gonzalo Doce Vergara, actual concelleiro de Industria e Comercio.
 
3. Aprobáronse 25 subvencións nominativas a distintas asociacións, entidades e clubes do Concello, por un importe total de 30.800 euros.
 
Estas subvencións faranse efectivas a maior brevidade posible para axudar a todas as entidades e asociacións do concello nese labor tan fantástico que fan no ámbito cultural e deportivo.
 
4. Aprobouse inicialmente a ordenanza municipal de actividades.
 
5. Aprobouse inicialmente a ordenanza reguladora da taxa por utilización privativa e aproveitamento especial constituído no solo, subsolo ou voo das vías públicas a favor das empresas explotadoras de servizos de subministracións.