"Programa Achega"

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais, está a preparar un Convenio de Colaboración co comercio local para levar a cabo unha nova acción dentro do programa "ACHEGA". Para dar continuidade á campaña "1KILO+", en colaboración co alumnado/profesorado do CPI ATIOS, e ao Festival Solidario en colaboración coas Asociacións, búscase implicar ao comercio local e á veciñanza para contribuir á doazón de alimentos e produtos de hixiene, que se destinarán ás familias con maiores necesidades do Concello. Nesta acción contarase coa colaboración de Cáritas e de Protección Civil Valdoviño para o reparto.
 
Os obxectivos desta actuación son:

  • Impulsar un programa municipal marco para a realización de actuacións de axuda social.
  • Sensibilizar á poboación sobre a existencia de necesidades nas familias veciñas.
  • Implicar aos diversos axentes da comunidade na consecución de axudas.
  • Conseguir recursos inmediatos que permitan resolver as situacións de emerxencia das familias do concello.

A campaña durará todo o ano e consistirá na ubicación dun caixón en cada establecemento colaborador co obxectivo de que a clientela deposite nel os produtos/alimentos que desexe. Deberán ser alimentos e produtos non perecedeiros. Todo o que se recolla será repartido entre as familias con maiores necesidades tras valoración do equipo do Departamento de Servizos Sociais municipais.
 
Se algún establecemento, que non fora consultado aínda, desexa participar na campaña deberá poñerse en contacto co Dpto. de SS.SS. no teléfono 981487041-ext.5