Rexistro de asociacións

Este procedemento regula a inscrición de entidades no correspondente Rexistro Municipal de Asociacións Veciñais.

Quen pode solicitalo

Asociacións constituídas como tal e que desexen rexistrarse no concello de Valdoviño, a través do seu representante legal.

Como e onde realizar o trámite

Os interesados poderán descargarse o impreso dende esta páxina e acudir ao Rexistro do Concello, onde presentarán a documentación sinalada de seguido.

Documentación necesaria

  • Solicitude de rexistro da asociación.
  • Fotocopia dos estatutos da asociación.
  • Fotocopia do número de inscrición no rexistro da Xunta de Galicia.
  • Tarxeta de identificación fiscal.

Normativa

  • Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.
  • Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime xurídico das Administraciones Públicas e do procedemento administrativo común.
  • Lei 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
  • Lei 11/2007 de Acceso dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través de Internet, coa Administración Pública.

Prazos

Solicitude: permanente.
Execución: máximo de 3 meses dende a solicitude.

Taxas/impostos

Non se aplican.