Vilaboa

Nesta parroquia do interior do concello atópase o encoro das Forcadas, que abastece de auga a boa parte da bisbarra e no que existe a posibilidade de realizar diversos deportes náuticos.
 
Entre os lugares destacados están o pazo de Vilaboa, o campo de fútbol do Lameiro e as igrexas de San Vicente. Para perderse, os incontables sendeiros que xurden arredor do encoro ou cara ao Pico Agudo.
 
Vilaboa tamén conta con Cooperativa de produtores do campo, dende 1945.
 

Poboación (2011): 229 habitantes (117 mulleres e 112 homes).
 
Festividades: San Vicente (24 de maio).
 
Asociacións: Centro Cultural Rosalía de Vilaboa, Centro Deportivo Rosalía de Vilaboa, Club Náutico As Forcadas.
 
Entidades de poboación: A Augalevada, O Basteiro, Os Bidueiros, A Braxe, O Camiño Grande, O Campo da Taberna, O Caneiro, A Carbeira, As Cortiñas, A Cruxeira, A Figueira, Os Fiúnchos, A Igrexa, Morgadelle, Pena do Boi, O Pereiro, A Porta de Novo, Os Romeos, San Pedro, O Seixidal, A Vilaxe, Vilela e A Vispeira.