Vilarrube

Ao leste do concello, lindando cos concellos de Cedeira e Cerdido, está San Martiño de Vilarrube.
 
Entre os puntos de interese da parroquia está o entorno da igrexa de San Martiño, co cruceiro, o propio templo e o pazo de Vilarrube (de propiedade privada). Moi recomendable é a vista da praia dende o sendeiro posterior á igrexa.
 
Vilarrube é ademais paso importante do Camiño de San Andrés de Teixido. A capela da Fame ou a ponte de orixe medieval de Porto do Cabo son lugares destacados nesta ruta dende hai séculos. Dos albergues existentes antigamente, aínda segue en pé a denominada Casa da Bastona, edificio do século XVI.
 
 
Poboación (2011): 362 habitantes (190 mulleres e 132 homes).
 
Festividades: Santa Filomena (11 de agosto), San Martiño (11 de novembro).
 
Asociacións: A.VV. O Cruceiro de Vilarrube.
 
Entidades de poboación: O Adro, Arnela, A Atalaia, O Bacelar, As Campeiras, O Campón, A Capela, O Castro, Cotelo, A Escola, As Ferrerías, O Folgar, As Folgueiras, A Fonte Grande, Freixeiro, Ianes, Liñeiro, O Patronato, A Pena, A Porta da Pía, O Porto de Abaixo, O Porto de Arriba, O Puntal, Quengo, O Ribeiro, As Torrentes, Vila Herminia e Vilelas.