Calendario municipal de 2013

O Concello de Valdoviño vén de editar un ano máis o seu calendario institucional. Composto por imaxes realizadas polos veciños, os calendarios poden atoparse nas cooperativas de Meirás, Lago e Vilaboa, nos locais das Asociacións de veciños, na Casa da Cultura ou na Casa do Concello.
 
A galería de imaxes da web amosa todas as fotografías que compoñen o Calendario 2013.