I Festival Solidario

O 19  de Xaneiro celebrarase o I Festival Solidario a favor de Cáritas co obxectivo de recaudar fondos para distribuir entre as familias con maiores necesidades do concello.
 
O festival é organizado polas seguintes asociacións en colaboración co Concello: A.VV. San Vicente de Meirás, A.VV. Santiago Apóstolo de Lago, A.VV. Os Castros de Lourido-Sequeiro, A.VV. Beiramar de Pantín, S.C.R.D. San Miguel de Aviño, A.VV. As Chaves de Loira, Asociación de Amas de Casa y Consumo Familiar, A.C.R. A Frouxeira de Valdoviño, A.VV. O Cruceiro de Vilarrube e Centro Cultural Rosalía de Vilaboa.
 
O Festival terá lugar no Local Social da A.VV. San Vicente de Meirás a partir das 17:00 horas.
 
Entrada simbólica de 3 euros para persoas adultas e gratuita para  nenos/as (merenda incluída).
 
Actuacións:
- "Como casaremos a Manuela?" do Grupo de Teatro Infantil Rosalía de Vilaboa
- Grupo de Gaiteiros "Rosalía de Vilaboa"
- Grupo "Álvaro Cunqueiro" de Lago
- Cantareiras algarabía e Gaiteiros de Lago
- Grupo de baile "Mestura" de Meirás
- Cantareiras "Mestura" de Meirás
- Exhibición de Bailes de Salón de AA.VV. Meirás
- Grupo "Los Nostálgicos" de Valdoviño