Valdoviño

O centro municipal acolle os principais locais públicos: Casa do Concello (obra de Rodolfo Ucha), Casa da Cultura, Centro de Saúde e colexio. Atendendo a esa importancia institucional, tamén é a zona máis poboada do municipio.
 
Referente natural coa praia e lagoa da Frouxeira, Valdoviño ten edificios singulares como os pazos de Riva e Timiraos, a igrexa de Santa Eulalia ou a capela de San Mamede.
 

Poboación (2011): 2.304 habitantes (1.180 mulleres e 1.124 homes).

Festividades: Corpus Christi (data variable), Virxe do Carme (16 de xullo), San Mamede (17 de agosto), San Miguel (29 setembro).

Asociacións: A.VV. Santa Eulalia de Valdoviño, S.C.R.D. San Miguel de Aviño, A.C.R. A Frouxeira de Valdoviño, A.C.R. Os Amigos de Valdoviño, Club Deportivo Team Bacariza Sport, Sociedad Deportiva Valdoviño, ANPA Beiramar Atios, Asociación de Baixada de Carrilanas, Asociación de Mayores San Joaquín y Santa Ana, Asociación de Amas de Casa y Consumo Familiar.

Entidades de poboación: Agrós, Aguameá, Aldarete, Atios, Aviño, Bacorelle, Baladás, Basillón, A Bergaña, O Boeiro, A Cachaveira, O Cameleiro, As Campeiras, O Carballal, Cardal, A Carreira, As Casas Novas, O Chamoro, A Chousa, A Costeira, O Coval, As Covas, Entrerríos, A Espiñuda, A Gándara, Gonzalvite, O Graño, A Granxa, Malde, Meitufe, Mirós, A Mourela, Mourente, As Paredes, A Pena, A Penela, O Penso, O Pereiro, A Pichoca, Piñeiros, A Ponte, A Porta do Sol, O Portodoso, Postamaior, Poulo, Pousada, A Riba, Río do Foxo, A Robaleira, A Rocha, A Saíña, San Mamede, Santalla, Soutovello, Timiraos, Trandeiras, A Vacariza.