Sequeiro

Santa María de Sequeiro limita co concello de Narón e supón a principal vía de entrada a Valdoviño, a través da estrada AC-566.
 
Nesta parroquia estivo situada a primeira casa consistorial de Valdoviño, que logo pasaría a ser o cárcere municipal. Entre o patrimonio actual están as igrexas de Santa María e San Bartolomé. En Sequeiro atopamos tamén restos castrexos, nos lugares da Carreira e Lodeiro.
 

Poboación (2011): 688 habitantes (353 mulleres e 335 homes).
 
Festividades: San Bartolomé (24 de agosto), Santa María (12 de setembro).
 
Asociacións: A.VV. Os Castros de Lourido-Sequeiro.
 
Entidades de poboación: O Barreiro, A Bedoxa, A Boeira, O Campo, O Caneiro, A Carreira, O Casal, A Costa, A Fraga, O Lodeiro, Lourido, A Meá, Os Monetes, A Pallota, Paraños, As Penas, Preitela, Raña, O Regueiro, San Bartolomeu, O Seixidal, O Sequeiro, O Sisto, Tuimil e O Vilar.