Cabaré-Concerto cómico: Fratelli Negroni

domingo, 28 Outubro, 2012 - 19:00
Auditorio Municipal

Dentro do programa da Rede cultural da Deputación da Coruña, espectáculo para todos os públicos.
 
Fratelli Negroni, música italiana e chistes fáciles.
Un actor puramente italiano acompañado por un cuarteto puramente galego. As inmortais melodías itálicas e o corrosivo humor galaico nun percorrido polas cancións transalpinas dende os anos 40 ata a actualidade. Do swing ao funky, pasando polo cabaret e moitas notas de humor. Retranca galega e kitsch italiano, para entendernos.
 
O Menu do restaurante Negroni inclúe:
♫ o salado cabaret de Renato Carosone
♫ os agrios versos de Franco Battiato
♫ as doces letras de Julio Iglesias (en italiano!)
♫ guarnicions picantes como Raffaella e Sabrina
♫ e de postre, Silvio Berlusconi
 
A HISTORIA DA FAMILIA
O cuarteto Fratelli Negroni nace acompañando a estrea da afortunada montaxe do CDG "Noite de Reis"dirixida por Quico Cadaval. O actor e músico italiano Simone Negrin vai acompañado por catro dos máis eclécticos músicos galegos: Jaime Alvarellos á guitarra, Jacobo Prieto ó baixo, Fran Facal á batería e Suso Alonso ó teclado. Debido á súa orixinalidade, este concerto cómico de clásicos italianos foi invitado en varios festivais, tanto de música como de teatro.