Abastecemento de augas no lugar de Atios

Obxecto: 

Contratación das obras do Plan de Obras e Servizos (POS) 2012: Traballos xerais de construción de conducións locais de auga e de saneamento, incluídas as obras auxiliares.

Tipo de procedemento:
Tipo de contrato:
Empresas invitadas: 
Construcciones Boqueixón, S.L.; CPS, S.L. e Aquagest PTFA, S.A.
Estado do procedemento:
Orzamento total: 
33.513,86 €
Data de publicación: 
mércores, 5 Setembro, 2012
Prazo de execución: 
Tres meses, de acordo co Plan de traballos indicativo no anexo nº 5 do proxecto técnico.
Observacións: 
- Porcentaxe de subcontratación: máximo 60% do prezo de adxudicación.
- Sen publicidade obligatoria.
- Control de calidade interno e externo (cláusulas 12.I 2 1b.1 e 29 do prego).
Presentación de ofertas: 
Oito días naturais contados dende o día seguinte ao da recepción da invitación, nas oficinas da Casa do Concello (de 9 a 13, de luns a venres, e de 10 a 13 os sábados), coa documentación indicada e os requisitos esixidos na cláusula 12 do prego.
Clasificación do contratista: 
Non se esixe.
Garantía: 
Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.
Revisión de prezos: 
Non hai.
Taxas do contrato: 
A conta do adxudicatario, segundo se especifica no punto 28 do prego de cláusulas administrativas.
Acordo de adxudicación: 

A Xunta de Goberno Local do Concello de Valdoviño, en sesión extraordinaria e urxente celebrada o día 26 de outubro de 2012 adoptou o acordo de adxudicación da contratación das obras incluídas no POS 2012 da Excma. Deputación Provincial da Coruña. Despois de ver a tramitación do expediente das obras do POS 2012 a alcaldía propón á Xunta de Goberno Local a adopción do seguinte acordo: Adxudicar finalmente a obra "Abastecemento de augas no lugar de Atios" á empresa AQUAGEST, Promoción Técnica y Financiera de Abastecimientos de Agua, S..A., por importe de 33.396,00 euros; por ser a oferta máis vantaxosa e ter presentada a documentación que se lle requeriu polo órgano de contratación. Prazo de execución de mes e medio a contar dende o día seguinte ao da sinatura da acta de replanteo.