O Concello de Valdoviño contará con un/ha Técnico/a de Orientación Laboral

O Concello de Valdoviño vai contratar neste mes de setembro un/ha Técnico/a de Orientación Laboral ao abeiro dunha subvención da Consellería de Traballo e Benestar. Este profesional levará a cabo actuacións e medidas de información, acompañamento, motivación e asesoramento que, tendo en conta as circunstancias persoais e profesionais dos demandantes de emprego, lle permitan determinar as súas capacidades e intereses e xestionar a súa traxectoria individual de aprendizaxe, a busca de emprego ou a posta en práctica de iniciativas empresariais.
 
O prazo para participar no proceso selectivo rematará o vindeiro dia 8 de setembro.
 
Para máis información consultar as bases.