A Frouxeira-Porto do Cabo: Ruta Norte

  • Distancia: 34,5 km.
  • Tempo estimado: Variable en función das paradas realizadas, do tipo de vehículo empregado e do uso ou non das variantes propostas.
  • Altura (máxima/mínima): 263 m / 4 m.
  • Desnivel acumulado: 1.073 m.
  • Pendente (máxima/mínima): 23,27% subida, 22,06% baixada.
  • Accesibilidade: A pé, bicicleta, automóbil.
  • Partida e chegada: 43º 36.866N, 008º 09.041W.

 
Esta ruta permítenos coñecer a zona norte do concello e igual que o resto de rutas establecidas é circular, co que se pode establecer como saída e chegada calquera punto do percorrido. Neste caso concreto establecemos como punto de partida a rodonda da praia da Frouxeira.
 
Nota: os contidos da ruta que aparecen en negra fan referencia a variantes sobre o trazado principal.
 
Km 0,000 Rotonda da praia da Frouxeira. Tomamos a saída da esquerda, en dirección á “praia pequena” e deixando o areal á nosa esquerda.
 
Km 0,328 Castro de Valdoviño na lomba. Neste punto kilométrico xiramos á dereita e comezamos un ascenso duns 2 kilómetros, con algún tramo de forte pendente que chega ata o 14% e no que deben ter especial coidado aqueles que fagan a ruta en bici.
 
Km. 0,424 Xiro á esquerda. Km 0,514 xiro á esquerda. Km 0,547 xiro á dereita e seguimos subindo. Km 0,818 Xiro á esquerda. Km 1,376 xiro á esquerda e seguimos subindo.
 
Km 1,543 Xiro á esquerda e comezamos o tramo máis duro da subida.
 
Km 2,115 Chegamos neste punto ao miradoiro do Paraño, no que cómpre facer unha parada e gozar co panorama. Desde este punto seguimos por unha estreita estrada asfaltada que vai bordeando os cantís, en continuas subidas e baixadas. Así ata divisar a praia de Pantín, todo un espectáculo. Comenzamos un suave descenso.
 
Km 5,690 Xiramos á esquerda e accedemos a unha pista de terra que circula paralela a un paseo marítimo.
 
Km 6,600 Praia de Pantín (ou do Rodo), encravada nun ámbito rural, de area branca e fina. A mar aberto, moi ventosa e con moitas ondas, esta praia é ideal para a práctica do surf, como amosa a súa presenza no Campionato Mundial de Surf dende hai case vinte anos. Os cantís que a rodean son moi frecuentados por afeccionados á pesca. Continuamos a nosa ruta xirando á dereita.
 
Km 6,762 Xiro á esquerda. Entrada de acceso ao aparcadoiro da praia.
 
Km 6,791 Xiro á dereita.
 
Km 7,767 Aparcadoiro da praia do Baleo e zona de “picnic”. Praia en
forma de concha, de area branca e fina e con ondas moderadas. É frecuente atopar surfistas, pero esta praia é ideal para gozar do sol e o baño nun ambiente natural pouco masificado (aínda que cada vez menos).
 
Km 8,469 Miradoiro. A partir deste punto continuamos por pista asfaltada
e estreita rodeada de árbores, ata ver por primeira vez a praia de Vilarrube.
 
Km 11,340 No cruce á altura do bar Casa Caneiro, AC-566 o AC-861, xiramos á esquerda e detémonos para achegarnos ao miradoiro e gozar da beleza da praia de Vilarrube, de máis de 1.400 metros de lonxitude.
 
Km 16,200 Despois de deixar atrás O Puntal e atravesar unha ponte, abandomanos a AC-566 xirando á dereita cara a Porto do Cabo (AC-102).
 
Km 17,490 Atravesamos unha pequena ponte que nos dá a benvida a Porto do Cabo, parada obrigada na nosa viaxe. Trátase dunha pequena aldea a beiras do río Cabo e punto neurálxico dos peregrinos na súa ruta cara a San Andrés de Teixido. Aquí debemos de gozar entre outras cousas da súa ponte medieval e da casa de Bastona, antiga hospedaxe para os romeiros.
 
Km 17,590 Xiramos á esquerda e comezamos o ascenso.
 
Km 17,740 Pequena ermida e un bo lugar para deternos se queremos achegarnos aos muíños de auga e ao río. Dende este punto continuaremos a nosa ruta en sentido ascendente.
 
Km 17,990 Xiramos á esquerda e seguimos ascendendo.
 
Km 18,400 Xiramos á esquerda.
 
Km 18,700 Xiramos á dereita en dirección Vilarrube.
 
Km 19,210 Xiro á dereita. Km 19,390 Xiro á esquerda. Km 19,880 Seguimos xirando á esquerda.
 
Km 21,440 Alcanzamos a explanada do aparcadoiro de Vilarrube. Un bo punto para deter o noso camiño e descansar do último treito, soltando as pernas. Neste punto é interesante deterse a ver o cruceiro, a igrexa parroquial, o Pazo de Vilarrube e a verea que sae da parte posterior da igrexa e bordea os límites do pazo.
 
No devandito camiño, ademais de árbores centenarias, gozaremos dunha fermosa vista da praia de Vilarrube. Unha vez, de novo na ruta volvemos sobre os nosos pasos, deixando atrás o pazo.
 
Km 21,580 Xiramos á dereita e continuamos subindo.
 
Km 22,970 Xiramos á dereita para entrar no lugar de Liñeiro, un pequeno núcleo rural.
 
Km 23,290 Pazo de Liñeiro (propiedade privada). Desfacemos o camiño e abandonamos o lugar, chegando ao mesmo cruce que nos levou ao mesmo.
 
Km 23,580 Xiro á dereita.
 
Km 23,700 Xiro á dereita. A uns 30 metros está a Capela de Liñeiro, tamén coñecida como Capela da Fame, un nome popular bastante clarificador, pois este era un punto de parada case obrigada, para repoñer forzas, dos romeiros no seu camiñar a San Andrés de Teixido.

Para ver o retablo policromado que hai no seu interior debemos pedir a chave no lugar de Liñeiro.
 
Km 24,820 Chegamos ao encoro das Forcadas, que subministra auga aos concellos da bisbarra. Xiramos á dereita.
 
Km 25,220 Pasamos sobre a presa e a pequena central eléctrica das Forcadas. Para gozar dun bonito paseo, sobre todo nas estacións de primavera e outono, tomaremos un sendeiro que está pouco despois de superar a presa, á esquerda e que nos achegará ata a beira do río, en cuxas inmediacións hai un antigo muíño de auga.
 
Km 26,670 No cruce de Loira, seguimos de frente. A 30 metros está o cruceiro de Loira.
 
En el Km 26,860 (*) podemos facer unha pequena variante ao noso percorrido inicial xirando á dereita nunha pista descendente. A pouco máis de 300 metros atopamos os restos da antiga igrexa parroquial de Loira, ao pé do camiño de San Andrés de Teixido. Esta igrexa tivo que ser abandoada hai tempo, pero aínda merece a pena ver a cúpula.
 
Km 27,730 Seguimos sempre de frente. AC-2502. Pasamos unha antiga canteira, un campo de fútbol e un centro escolar.
 
Km 32,270 Chegamos á estrada AC-566 (AC-861), xiramos á esquerda dirección Valdoviño, comezamos un suave descenso e entramos na zona urbana, pasando ante a Casa de Cultura.
 
Km 33,160 Neste cruce xiramos á esquerda e abandoamos a AC-566 para dirixirnos á praia.
 
Km 34,250 Punto de chegada.