Excursión a Ribadavia e Ourense

A S.C.R.D. San Miguel de Aviño organiza para o sábado 7 de xullo unha excursión a Ribadavia e Ourense. O programa inclúe:

- Mañá: Visita guiada a Ribadavia, berce do Ribeiro, para coñecer a tradición do viño e o barrio xudeu da vila.
- Comida en Ourense.
- Tarde: Visita por Ourense para coñecer a cidad das Burgas.
 
Saída do autobús ás 08:00 h. da Porta do Sol de Valdoviño, con paradas no Zapateiro, a igrexa de Santa Eulalia de Valdoviño, o Cameleiro, Aviño, Espiñuda, Malde e Pousada, e regreso ás 21:00 h.

 
O prezo é de 37 euros para soci@s e 42 euros para non soci@s.

As persoas interesadas poden anotarse chamando ao 981 485 664, 690108938, através do correo electrónico asociacion.avinho@gmail.com, ou no local da asociación. O último día para apuntarse é o luns 2.