Cursos de vela no encoro das Forcadas

Data: 
luns, 25 Xuño, 2012
Obxecto: 

O Concello convoca cursos de vela dunha semana durante os meses de xullo e agosto. Os cursos realizaranse no encoro das Forcadas de luns a venres, en horario de 11:00 a 14:00 horas. A partir dos 10 anos.
 
As inscricións poden realizarse no Club Náutico ou no teléfono 981 483 290 de 16:00 a 19:00 horas, sendo a data límite para formalizalas o xoves anterior á semana de realizar o curso.
 
Prezo: 18,43 euros os menores de 18 anos e 22,12 euros os maiores de 18.

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Xoves anterior á semana de realizar o curso.

Páxina: 
Deportes