Convocadas 16 prazas de peóns para a limpeza de praias

O Concello de Valdoviño convoca 16 prazas de peóns para a campaña de limpeza de praias 2012. A contratación será por obra ou servizo determinado por dous meses e medio a xornada parcial de 30 horas semanais.
 
O prazo de presentación de solicitudes é os días 25, 26 e 27 de xuño en horario de 9:00 a 14:00 horas e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello.
 
As bases poden consultarse no seguinte documento (en formato pdf) o no Rexistro Xeral Municipal.