Programa galego de detección precoz do cancro de mama

A Dirección Xeral de Saúde Públia da Consellería de Sanidade ven desenvolvendo desde o ano 1992 o Programa galego de detección do cancro de mama coa finalidade de reducir a mortalidade nun 25% entre as mulleres ás que vai dirixido o Programa.
 
Vai dirixido ás mulleres de 50 a 64 anos residentes en Galicia. Para o Concello de Valdoviño o Programa comezará o 2 de xullo de 2012.
 
O Procedemento para a participación no Programa é o seguinte:

  1. Invitación a participar no Programa con cita persoalizada por carta
  2. Transporte en autobús
  3. Realización de mamografías
  4. Avaliación das probas
  5. Envío do resultado á casa por carta

 
Se vostede cumple os requisitos e non foi citada nesas datas, contacte no teléfono 981 141 414.