Subvencións para activar o Turismo Activo

Data: 
venres, 8 Xuño, 2012
Obxecto: 

A Secretaría Xeral para o Turismo, ven de aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións destinadas a incentivar o turismo activo, actividades de lecer e tempo libre e a convocatoria para o ano 2012.
 
Considéranse obxecto de subvención as seguintes liñas de actuación:
 
Liña A) Investimentos para a mellora das infraestruturas para o desenvolvemento de actividades hípicas, náuticas, golf e oferta turística complementaria. A axuda poderá acadar un máximo de ata 40% do orzamento, con un importe máximo de 250.000 euros
 
Liña B) Investimentos para a adquisición e/ou renovación de material para a práctica das actividades obxecto da convocatoria (bicicletas, piraguas, embarcacións, material golf, sendeirismo, material para centros BTT, etc). A axuda poderá acadar un máximo de ata 40% do orzamento, con un importe máximo de 100.000 euros
 
Liña C) Creación de novas ofertas. Gastos de promoción e difusión, así como ferramentas ou aplicacións web para a promoción e comercialización dos produtos en sitios web propios ou de terceiros (webs, redes sociais ou blogs), específicos dos produtos desenvoltos. A axuda poderá acadar un máximo de ata 40% do orzamento, con un importe máximo de 60.000 euros.
 
Máis información.

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Hasta el 6 de julio

Páxina: 
Economía e Emprego