A concentración moteira de Fojeteiros visita Valdoviño

Valdoviño acollerá este domingo, 3 de xuño, aos participantes na VII Concentración moteira "Cidade de Narón" - II Xornadas de Turismo Activo, organizada un ano máis polo Moto Club Fojeteiros.
 
O evento, que conta coa colaboración do Concello de Valdoviño, comeza o venres ás seis do serán e inclúe entre as actividades organizadas unha ruta polo noso municipio.
 
Os moteiros sairán ás 10:45 da mañá do domingo do paseo marítimo de Xubia, chegando ao entorno do Concello de Valdoviño contra as 11:20 horas. Aquí farán unha parada duns corenta minutos. O percorrido continúa pola estrada de Cedeira, desviándose no punto kilométrico 19.500 cara a Marnela-praia de Pantín e seguindo a estrada da costa ata Valdoviño. Na praia da Frouxeira farase unha nova parada de arredor dos corenta minutos, voltando finalmente a Xubia, onde finalizará a ruta.
 
Na xornada colaboran tamén os seguintes establecementos de Valdoviño: Bar Brisas, Cafetería Somar, Café Bar Puerta del Sol, Cafetería Amancio-Centro Comercial e Bar A Saíña.