Xuntanza de maiores do Carballiño

O Concello de Valdoviño participará un ano máis na Xuntanza de maiores do Carballiño, organizada pola delegación territorial da Xunta de Galicia en Ourense, a través da xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar.
 
A XXXIV edición celébrase o día 9 de xuño no lugar habitual (Parque Municipal do Carballiño).
 
Para coñecer o número de persoas que desexan desprazarse en autocar, deberán inscribirse do 23 de maio ao 1 de xuño no departamento de Servizos Sociais, de 9 a 12 da mañá. As inscricións realizaranse ata cubrir as prazas dispoñibles.
 
As persoas interesadas deberán aportar a cantidade de 3 euros no momento da inscrición, para entregar á empresa de transporte.
 
Máis información: 981 487 041 ext. 5 ou no departamento de Servizos Sociais.
 
Programa da xornada:
10:30 – Chegada
12:00 – Concerto da banda de música
13:30 – Chegada de autoridades
13:40 – Rolda de intervencións e entrega de agasallos aos centros
14:00 – Comida campestre
16:00 – Tempo de lecer
20:00 – Fin da xuntanza