Retirada de vehículo da vía pública

Este procedemento regula a retirada, a instancia de parte ou de oficio, de vehículos en estado de abandono na vía pública.

Quen pode solicitalo

Persoas físicas ou xurídicas que desexen solicitar ao Concello a retirada dun vehículo da vía pública, por estado de abandono patente, ou o propio Concello de oficio.

Como e onde realizar o trámite

Os interesados deberán acudir ao Concello, onde entregarán a documentación aquí sinalada.

Documentación necesaria

  • Solicitude de retirada de vehículo da vía pública.

Normativa

  • Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime xurídico das Administraciones Públicas e do procedemento administrativo común.
  • Lei 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
  • Lei 11/2007 de Acceso dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través de Internet, coa Administración Pública.
  • Orde do 14 de febreiro de 1974 pola que se regula a retirada da vía pública e o depósito de vehículos automóbiles abandonados.
  • Real Decreto 2822/1998, de 23 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de vehículos.
  • Real Decreto Lexislativo 339/1990, de 2 de marzo, polo que se aproba o texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial.

Prazos

Solicitude: permanente.

Resolución: 3 meses.

Taxas/impostos

Non se aplican.