Axudas de emerxencia social

Dende o 15 de maio ata o 15 de xuño está aberto o prazo de solicitude das axudas de emerxencia social incluídas no Programa Emerx-endo.
 
Con esta convocatoria o Concello trata de posibilitar que as persoas e familias que o necesiten poidan acceder a recursos e servizos básicos que permitan uns mínimos de calidade de vida, relacionados coas necesidades de alimentación, vestido, vivenda, participación social ou apoio educativo (actividades extraescolares).
 
Todos os detalles da convocatoria están no apartado correspondente da web: Axudas de emerxencia social: Programa Emerx-endo