Rexistro de animais perigosos

Este procedemento regula a identificación e rexistro dos animais considerados potencialmente perigosos, segundo o recollido na lei 90/2002, de 28 de febreiro, pola que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e créanse os rexistros de identificación de animais de compaña e potencialmente perigosos e de adestradores caninos.

Quen pode solicitalo

Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter a correspondente licenza municipal para a tenza de animais potencialmente perigosos.

Como e onde realizar o trámite

O interesado poderá descargarse o impreso dende esta páxina e acudir ao Rexistro do Concello, onde presentará a documentación sinalada de seguido.

Documentación necesaria

  • Solicitude de rexistro de animais perigosos.
  • Copia do DNI acreditativo da maioría de idade.
  • Certificado negativo de antecedentes penais.
  • Certificación negativa de sancións-infraccións administrativas á Lei 50/1999, de 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da posesión de animais potencialmente perigosos.
  • Certificación acreditativa da capacidade física e de aptitude psicolóxica.
  • Xustificante de formalización de Seguro de Responsabilidade Civil cunha cobertura non inferior a 150.000 euros, vixente na actualidade.

Normativa

  • Decreto 90/2002, de 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e créanse os rexistros galegos de identificación de animais de compaña e potencialmente perigosos e de adestradores caninos.
  • Lei 50/1999, de 23 de decembro, sobre o Réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.
  • Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime xurídico das Administraciones Públicas e do procedemento administrativo común.
  • Lei 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
  • Lei 11/2007 de Acceso dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través de Internet, coa Administración Pública.

Prazos

Solicitude: permanente.

Execución: máximo de 3 meses dende a solicitude.

Taxas/impostos

Non se aplican.