Estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas

Data: 
luns, 16 Abril, 2012
Obxecto: 

Resolución do 11 de abril de 2012 da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.
 
Convócanse ata 95 prazas para facilitarlles ás mulleres que teñan fillas/os menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no que poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun contorno de lecer.

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Ata o 16 de maio

Páxina: 
Servizos Sociais e Saúde