A Mancomunidade trasladaralle á Axencia de Turismo de Galicia medidas e previsións para o sector

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol celebrou esta mañá unha reunión telemática na que participaron o presidente e alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e os seguintes representantes municipais: Carlos Ladra (Cabana), Pablo Moreda (Cedeira), Juventino Trigo (Fene), Juan Domingo de Deus (Mugardos), Marián Ferreiro (Narón), Ana Rosa Pena (Neda), Alberto González (Valdoviño) e Iván Rivas (segundo representante de Ferrol no pleno).
 
A xuntanza serviu para pór en común medidas e previsións en relación co turismo, coa finalidade de trasladarllas á Axencia Turismo de Galicia, con cuxa directora se reunirá mañá o presidente da Mancomunidade. Conversouse igualmente sobre as medidas de apoio ás empresas e traballadores que se están a estudar en cada concello tendo en conta os criterios establecidos a nivel estatal. Finalmente, informouse da colaboración ofrecida polo Ministerio de Fomento para a desinfección nos concellos.