As actividades deportivas do Concello, vía whatsapp, online ou telefónica

Porque cada situación é diferente, e a fin de garantir a continuidade das actividades deportivas do Concello de Valdoviño neste tempo de confinamento, os/as monitores artellaron diferentes fórmulas adaptadas á situación, circunstancias e medios tecnolóxicos dos/as alumnos e alumnas.
 
Así, as actividades mantéñense tanto as da oferta deportiva municipal nas parroquias como as realizadas no pavillón do CPI Atios. No caso de ioga, as sesións realízanse online. No de ximnasia e zumba en Vilarrube, a monitora remitiu ao alumnado instruccións das clases a través do móbil. O mesmo caso que ximnasia en Meirás, aínda que para aqueles/as alumnos/as que non dispoñen de whatsapp a monitora está a contactar telefónicamente para ofrecerlles as explicacións sobre os exercicios a realizar. No tocante a ximnasia en Valdoviño, optouse por unha fórmula mixta e, amais, de remitir as sesións por whataspp ou explicar telefónicamente, algúns alumnos preferiron dispor dos exercicios por escrito, polo que se lles entregarán no domicilio.
 
Os/as alumnos/as de karate recibirán vídeos coas clases e os/as de ximnasia rítmica, a monitora remitirá tamén información vía whatsapp. A profe de psicomotricidade está a resolver dúbidas sobre a actividade a través dun grupo de whatsapp creado no seno da actividade e, o monitor de patinaxe, remitiu tamén clases para facer na casa.
 
O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, explica que o obxectivo é dobre: dunha banda, manter este tipo de actividades para as veciñas e veciños, de modo que teñan unha rutina de actividade física diaria e, doutra, preservar o traballo dos/as monitores contratados/as.