8M: As voces femininas no cine, na arte e na realidade patriarcal

domingo, 8 Marzo, 2020 - 19:00
Auditorio Municipal

Mesa redonda protagonizada por Cecilia Grandal, Fátima Grandal, Stefanie Pasterkamp e Noelia Uceira, dirixida por Elisa Piñón Hermida. Ao remate, establecerase un coloquio co público asistente. Así mesmo, no transcurso do acto, proxectarase a curta «Matria», de Álvaro Gago e levarase a cabo un percorrido guiado pola exposición «Galicianas».