O Concello instala novos continentes de protección para as táboas a exposición no Océano Surf Museo

O Océano Surf Museo vén de dar un paso adiante na xestión da conservación preventiva coa instalación de novos continentes para albergar as táboas que se exhiben na exposición permanente. Nesta liña, cabe lembrar que o Museo expón pezas únicas da historia do surf e, con esta acción, quérese evitar o deterioro que puidesen sufrir polo efecto de golpes e manipulacións inadecuadas.
 
Ademais, os novos continentes das pezas fan do espazo un lugar visualmente máis atractivo despois de que se eliminasen os anteriores soportes que impedían a visión completa das táboas.
 
Coa instalación destas novas proteccións, o Concello continúa apostando por este proxecto pioneiro en España, nacido en 2017, para dar a coñecer a historia e a cultura surf.