O Concello tramita as solicitudes para participar no programa Elixe Galicia

O Concello de Valdoviño, a través do departamento municipal de Servizos Sociais, tramita as solicitudes para participar no programa «Elixe Galicia», impulsado pola Axencia Turismo de Galicia. Trátase dunha liña de axudas para financiar as vacacións de tres colectivos: familias (ademais da parella, inclúense as persoas que dependan dela por filiación), persoas maiores (pensionistas e, no caso de viúdos/as a partir de 55 anos, xubilados/as e desempregados/as maiores de 60) e mocidade (menores de 30 anos). Non hai limitacións por cuestións de renda.
 
No caso da mocidade, pódese pedir praza de forma indidual ou colectiva (a partir de 4 solicitudes) e resérvanse un 10% das prazas para aquelas persoas con discapacidade do 33% ou superior. No caso das persoas maiores, resérvase tamén un 10% das prazas para aqueles/as con pensións non contributivas e inclúese ao cónxuxe, parella de feito ou parella, e fill@s se teñen un mínimo do 33% de discapacidade e se aloxan na mesma habitación. No das familias, tamén se inclúen os/as ascendentes cunha discapacidade do 33% ou superior e os fillos/as beneficiarios/as serán aqueles/as entre 4 e 18 anos –os/as máis pequenos/as non ocupan praza- e o 10% resérvase para familias numerosas.
 
O programa inclúe catro modalidades vacacionais: zonas costeiroas -4 noites-; patrimonio histórico e cultural -2 noites-; natureza e montaña -2 noites-, e balnearios -4 noites-. Hai 3 tempadas, baixa, media e alta e os prezos varían en función das datas elixidas.
 
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 3 de marzo –incluído- e pode tramitarse no departamento municipal de Servizos Sociais –planta baixa da casa consistorial-. Máis información no teléfono 981 48 70 41 extensión 5.